Beluso, Bueu
| Beluso | |
|---|---|
Igrexa parroquial. | |
| Concello | Bueu[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°19′51″N 8°48′49″O / 42.33083333, -8.81361111 |
| Poboación | 2834 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 14[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Beluso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra; ao sur coa parroquia de Aldán (Cangas); ao leste coa parroquia de Bueu; e ao oeste, coa ría -tamén chamada enseada- de Aldán. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2834 habitantes (1383 homes e 1451 mulleres), 208 menos ca en 1999. Ten catorce entidades de poboación.
No ámbito eclesiástico, forma parte do arciprestado do Lérez, tras a extinción do do Morrazo, da vigairía de Pontevedra da arquidiocese de Santiago de Compostela.
Historia
[editar | editar a fonte]Pertencente no Antigo Réxime á xurisdición de Cangas, foi integrada no século XIX, coa creación dos municipios, no concello de Bueu.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial, situada no lugar da Roza, está dedicada a santa María. Tamén existe unha capela no lugar de San Amedio. A este santuario, citándoo como San Mamede, foi ao que o trobador Johan de Cangas dedicou tres cantigas de amigo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Beluso visto desde Cela.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Beluso
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Beluso no concello de Bueu (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Achadiza | Bon de Abaixo | Bon de Arriba | O Cabalo | Chan de Piñeiro | A Costa de Figueirón | Montemogos | A Praia de Beluso | A Roza | A Rúa Nova de Abaixo | A Rúa Nova de Arriba | San Amedio | Sar | Vilar |
Parroquias de Bueu
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Bueu | |
|---|---|
|
Beluso (Santa María) | Bueu (San Martiño) | Bueu (San Martiño de Fóra)| Cela (Santa María) | Ermelo (Santiago) | A Illa de Ons (San Xoaquín) |