Fernand´ Esquio
Fernand´ Esquio | |
---|---|
Nacemento | século XIIIxuliano |
Lugar de nacemento | Ferrol |
Falecemento | século XIVxuliano |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Ocupación | trobador |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Fernand' Esquio ou Fernand' Esqyo, escrito Fernando Esquío coa grafía moderna, foi un trobador galego de fins do século XIII e comezos do século XIV.[1] Dá nome a un instituto de educación secundaria de Neda.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado no século XIII, poida que en localidades próximas a Ferrol, xa que o seu apelido era común nalgunhas localidades da comarca de Ferrol, É posible que pertencese a unha familia nobre, posto que había Esquíos ao servizo dos condes de Andrade e como priores do mosteiro de San Martiño de Xuvia. Estudosos como Ricardo Carballo Calero sosteñen que o seu apelido puido ser Esguío, como outros trobadores medievais que tiveron ou adoptaron o nome dun animal como apelido.[3]
Puido ter vinculacións coas cidades de Lugo e Santiago de Compostela, pois ambas cidades aparecen nalgunha das súas obras.[4]
Obra[editar | editar a fonte]
Consérvanse nove cantigas súas, que se dividen en catro de amigo, tres de escarnio e dúas de amor.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "MedDB - Visualiza Trobador". bernal.cirp.gal. Consultado o 2021-08-23.
- ↑ "IES Fernando Esquío". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2021-08-23.
- ↑ Burgoa, Juan José (29/9/2019). "Fernando Esquío Trovador galaico-portugués" (en castelán).
- ↑ Vallín Blanco, Gema. "Fernando Esquio | Real Academia de la Historia". Consultado o 2020-12-13.
- ↑ "Cantigas Medievais Galego-Portuguesas". cantigas.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-23.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dobarro Paz, Xosé María: "FERNAND' ESQUIO". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.