Cancioneiro da Biblioteca Vaticana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (códice Vat. Lat. 4803), tamén coñecido como V[1], é unha colectánea de 1200[2] cantigas medievais escritas en galego-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir), que se conserva na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma.

Características[editar | editar a fonte]

É un manuscrito cartáceo copiado conxuntamente co Colloci-Brancuti por orde de Angelo Colocci no final do século XV ou ben nos primeiros anos do XVI. Está composto por 228 folios de 300 por 220 mm. numerados do 1 ao 10 e despois novamente de 1 a 200, e tamén de 18 folios sen numerar, con frecuentes lagoas. A escritura é cursiva e irregular, parece que foi feita pola man dun amanuense non profesional que empregou unha tinta especialmente corrosiva, encontramos aínda unha outra man á que debemos as rúbricas atributivas e as postilas -menos numerosas que no Cancioneiro da Biblioteca Nacional(B)- identificábel coa de Colocci. Hai indicios de que entre B e V mediou un outro manuscrito cuxa elaboración sería tamén dirixida polo humanista.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. TAVANI, Giuseppe, A poesía lírica galego-portuguesa, 2ª ed., Ed. Galaxia, 1988, páxina 56
  2. Henrique Monteagudo et al. Tres poetas medievais da ría de Vigo. Galaxia. 1998, páxina 51

Véxase tamén:

Pena, Xosé Ramón, Historia da literatura medieval galego-portuguesa, Ed. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela. Páxinas 107 e 112-121.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]