Paio Soares de Taveirós
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1200 (Gregoriano) (823/824 anos) |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | trobador |
Xénero artístico | Cantiga |
Pai ou Paio Soares de Taveirós foi un trobador da primeira metade do século XIII, descendente da baixa nobreza galega, sería irmán de Pero Velho.
Obra
[editar | editar a fonte]É o autor da célebre "Cantiga da Ribeirinha" (No mundo non me sei parella), inspirada en elementos latinos e mozárabes e que se considerou durante moito tempo a primeira obra poética en galego-portugués aínda que na actualidade perdeu o seu estatuto de cantiga coñecida máis antiga en favor dunha obra do trobador João Soares de Pávia. É unha cantiga de amor chea de ironía, por iso moitos autores[quen?] pasaron a considerala como unha cantiga satírica, o que provocou unha certa controversia entre os partidarios dun e doutro sentido da mesma, sobre todo no que se refire ao personaxe a quen vai dirixida, unha filla de Pai Moniz, que durante moito tempo se identificou con María Pais Ribeiro, a célebre Ribeirinha, amante do rei portugués Sancho I, a pesar de que a existencia na época de varias personalidades chamadas Pai Moniz ou Paio Moniz, así como a orixe galega de Paio Soares, parece debilitar esta hipótese[Cómpre referencia].
Das que se teña constancia na actualidade é autor de 6 cantigas de amor, 3 cantigas de amigo[1] e 2 tenzóns con Pero Velho e Martin Soarez.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.