Afonso Eanes do Coton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Afonso Eanes do Coton
Nome completoAfonso Eanes de Coton
Nacementoséculo XII
Lugar de nacementoNegreira
Falecemento1266
Lugar de falecementoCidade Real
NacionalidadeReino de Galicia
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]

Afonso Eanes do Coton (tamén Alfonso Eanes de Cotón ou Afons’Eanes) foi un trobador galego do século XIII, activo nas cortes de Fernando III e Alfonso X. É un persoeiro recoñecido en Negreira, levando un premio de poesía o seu nome[1] e sendo a súa figura de cerámica de Sargadelos a que entrega devandito concello aos seus visitante máis ilustres.[2] Tamén ten unha rúa co seu nome en Cidade Real.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Suponse que naceu, a finais do século XII ou xa no século XIII, na localidade coruñesa de Negreira, onde está o pazo do Cotón. Tamén existen teorías que sitúan o seu nacemento en Santiago de Compostela debido a que o seu suposto pai (Iohannes Cothon) tiña casa alí.[4]

Eanes do Coton preséntase como escudeiro, polo que probablemente descenda dunha familia da baixa nobreza, outro indicio é o feito de que reproba aos trobadores que cobran pola súa arte.[5] Existe constancia da súa participación en campañas de reconquista levadas a cabo por Fernando III, da súa obra dedúcese que tamén participou no cerco a Xaén de 1246 e nas tomas de Sevilla e de Córdoba. Percorreu boa parte do Camiño Francés por estar namorado dunha muller da que pouco sabía.[6]

Na corte de Fernando III mantén produción literaria con Martin Soares, Johan Soares Coelho e Roi Gomez de Briteiros. Así mesmo coñece a Gonçalo Eanes do Vinhal e a Pero da Ponte.[5]

Para os seus contemporáneos era un vividor de moi má reputación, abarregado cunha tal María Pérez Balteira de fama aínda peor que a súa.

Mari’ Mateu, ir-me quer eu daquen

por que non poss’ un cono baratar
alguen que me o daria nõno ten,
e algu[a] que o ten non mi o quer dar

[...]

Mari’ Mateu, Mari’ Mateu,

tan desejosa ch’és de cono com’ eu!
Afons’ Eanes de Coton[7]

Martin Soares acúsao de levar mala vida nunha cantiga. Segundo conta Alfonso X, Eanes do Coton foi asasinado por Pero da Ponte,[5] ao parecer nunha taberna de Cidade Real (coñecida daquela como Vila Real) en torno ao ano 1266.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse quince cantigas de escarnio e maldicir, dúas cantigas de amigo e dous tenzons con Pero da Ponte. Ademais existen dúbidas sobre a autoría doutras dúas cantigas de escarnio, unha cantiga de amor e outra de amigo.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El fallo del premio de poesía Afonso Eanes do Cotón se dará a conocer el 6 de septiembre" (en castelán). 2003-08-29. Consultado o 2020-12-11. 
  2. "El trovador Afonso Eanes será la imagen corporativa de Negreira" (en castelán). 2007-12-04. Consultado o 2020-12-11. 
  3. "Calle de Alfonso Eanes - Callejero de Ciudad Real - Callejero.net" (en castelán). Consultado o 2020-12-11. 
  4. 4,0 4,1 "Entre lances de juego y jarras de vino, a manos de un amigo la muerte le sobrevino" (en castelán). 2014-03-03. Consultado o 2020-12-11. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Alfonso Eanes do Coton | Real Academia de la Historia". Consultado o 2020-12-11. 
  6. "Afonso Eanes do Cotón - Xacopedia". Consultado o 2020-12-11. 
  7. Cantiga atribuída a Afonso Eanes do Coton e recollida dentro do primeiro volume da Lírica profana galego-portuguesa, publicado polo Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro.
  8. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". cantigas.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]