Pero da Ponte
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIII Galicia |
| Morte | século XIII |
| Actividade | |
| Ocupación | escudeiro, segrel |
| Período de actividade | 1235 |
| Xénero artístico | Cantiga |
Pero da Ponte foi un poeta medieval que estaría activo entre 1230-1260[1]. Posibelmente galego e escudeiro, Afonso Eanes do Coton denomínao segrel:
- En nossa terra, se Deus me perdon
- a todo escudeiro que pede don
- as mais das gentes lhe chama segrel.
Estivo activo nas cortes de Fernando III e Afonso X. É autor de 53 textos: sete cantigas de amor, sete cantigas de amigo, vinte e tres cantigas de escarnio e maldicir, tres sátiras literarias contra Sueiro Eanes, un pranto burlesco, catro sirventeses morais, dous eloxios, catro prantos, unha tenzón e un partimén.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monteagudo, Henrique (1998). Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia. p. 70.
| A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Pero da Ponte |