Saltar ao contido

Sancho I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSancho I de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1154 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Coímbra, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1211 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Coímbra, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLepra Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de Santa Cruz Editar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
6 de decembro de 1185 – 26 de marzo de 1211
← Afonso I de PortugalAfonso II de Portugal →
Rexente Reino de Portugal
maio de 1169 (Gregoriano) – 6 de decembro de 1185 (Gregoriano)
← Afonso I de Portugal
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioO Povoador Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloMonarca de Portugal (1185 (Gregoriano)–1211 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDoce de Aragón (1174 (Gregoriano)–1198 (Gregoriano)), morte Editar o valor en Wikidata
ParellaMaria Aires de Fornelos
Maria Moniz de Ribeira
Maria Pais de Ribeira Editar o valor en Wikidata
FillosUrraca Sanches de Portugal
 () Maria Aires de Fornelos
Pedro Moniz
 () Maria Moniz de Ribeira
Martim Sanches
 () Maria Aires de Fornelos
Tareixa de Portugal
 () Doce de Aragón
Sancha de Portugal
 () Doce de Aragón
Constança de Portugal I
 () Doce de Aragón
Afonso II de Portugal
 () Doce de Aragón
Pedro de Portugal
 () Doce de Aragón
Fernando de Portugal
 () Doce de Aragón
Raimundo de Portugal
 () Doce de Aragón
Branca de Portugal
 () Doce de Aragón
Mafalda de Portugal
 () Doce de Aragón
Berengária de Portugal, rainha da Dinamarca
 () Doce de Aragón
Gil Sanchez
 () Maria Pais de Ribeira
Rodrigo Sanches de Portugal
 () Maria Pais de Ribeira
Teresa Sanches de Portugal
 () Maria Pais de Ribeira
Constança Sanches
 () Maria Pais de Ribeira Editar o valor en Wikidata
PaisAfonso I de Portugal Editar o valor en Wikidata  e Mafalda de Savoia Editar o valor en Wikidata
IrmánsFernando Afonso de Portugal, Grão-mestre do Hospital
Tareixa de Portugal
Urraca de Portugal
Mafalda de Portugal
Henrique de Portugal
Pedro Afonso de Portugal
Sancha de Portugal I
Urraca Afonso de Portugal Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 2ca1a302-3a0d-458e-a8c1-56169047e40f WikiTree: Portugal-78 Find a Grave: 13770032 Editar o valor en Wikidata

Sancho I de Portugal, nado o 11 de novembro de 1154 e finado o 26 de marzo de 1211, alcumado O Poboador (polo estímulo de apadriñar o poboamento dos territorios do país - destacando a fundación da cidade da Guarda, en 1199, e a concesión de cartas de foral en Beira e en Trás-os-Montes: Gouveia (1186), Covilhã (1186), Viseu (1187), Braganza (1187) etc, poboando así áreas remotas do reino, en particular con inmigrantes da Flandres e Borgoña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cuarto fillo do monarca Afonso Henriques, foi bautizado co nome de Martiño (Martinho), por ter nacido no día do santo do mesmo nome, e non estaría preparado para reinar, non obstante, a morte do seu irmán, D. Henrique, cando contaba só tres anos de idade, levou á modificación da súa onomástica para un nome máis hispánico, quedando desde entón Sancho Afonso.

En 1170, Sancho foi armado cabaleiro polo seu pai logo despois do accidente de D. Afonso I en Badaxoz e tornouse o seu brazo dereito, tanto desde o punto de vista militar, tanto desde o punto de vista administrativo. Nestes primeiros tempos de Portugal como país independente, moitos eran os inimigos da coroa, a comezar polos reinos do seu curmán Afonso VII. Para alén do máis, a Igrexa Católica demoraba en consagrar a independencia de Portugal coa súa bendición. Para compensar estas fallas, Portugal buscou aliados dentro da Península Ibérica, en particular o reino de Aragón, que se converteu no primeiro país en recoñecer Portugal. O acordo firmado 1174 polo matrimonio de Sancho, entón príncipe herdeiro, coa infanta Doce Berenguer, irmá máis nova do rei Afonso II de Aragón.

Coa morte de Afonso I en 1185, Sancho I convértese no segundo rei de Portugal. Tendo Coímbra como centro do seu reino, Sancho deu por rematada a separación do Galicia e dedicouse a guerrear cos mouros localizados ao Sur, aproveitando o paso polo porto de Lisboa dos cruzados da terceira cruzada, na primavera de 1189, para conquistar Silves, un importante centro administrativo e económico do Sur, cunha poboación estimada en 20.000 persoas. Sancho ordenou a fortificación da cidade e construción do castelo que aínda hoxe pode ser admirado. A posesión de Silves foi efémera, xa que en 1190 Abu Yusuf Fatimí al-Mansur rodeou a cidade de Silves cun exército e con outro atacou Pino, que só puido resistir durante dez días, debido ao rei de León e Castela ameaza de novo o Norte.

Sancho I adicou moito do seu esforzo gobernativo á organización política, administrativa e económica do seu reino. Acumulou un tesouro real e incentivou a creación de industrias, así como a clase media de comerciantes e mercadores.

O rei é tamén recordado polo seu gusto polas artes e literatura, tendo deixado el mesmo varios volumes con poemas. Neste reinado sábese que algúns portugueses ían a universidades estranxeiras e que un grupo de xuristas coñecía o dereito que a ministra na Escola de Boloña. No ano 1192 concedeu ao mosteiro de Santa Cruz 400 morabitinos a que se mantivesen en Francia os monxes que alí quixesen estudar.

Rei de Portugal

Segue a:
Afonso I de Portugal
Sancho I de Portugal
Precede a:
Afonso II de Portugal
Dinastía de Borgoña

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Do seu casamento con Doce de Aragón, tivo 11 fillos:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]