Vidal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Vidal foi un poeta portugués da primeira metade do século XIV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xudeu e natural de Elvas, é autor de dúas cantigas de amor de temática e métrica innovadoras. Introduce elementos completamente novidosos na cantiga de amor como a referencia ao peito branco da dama, fronte á abstracción propia do xénero. Non se cre que Vidal fora un rango elevado, senón un burgués ou un artesán, debido a que nas cantigas atópanse estrofas nas que o poeta se escusa. Estas composicións intentan imitar o modelo trobadoresco.

Rúbrica[editar | editar a fonte]

A rúbrica que introduce os textos indícanos:

Estas duas cantigas fez hûu judeu d'Elvas, que avia nome Vidal, por amor d'ûa judia de ssa vila que avia nome Dona. E pero que é ben que o ben que home faz sse non perça, mandamo-lo screver; e non sabemus mais d'ela[s] mais de duas cobras, a primeira cobra de cada hûa.

Estas dúas cantigas fixo un xudeu de Elvas, que se chamaba Vidal, por amor a unha xudía desa vila que se chamaba Dona. E como é bo que o que se fai ben non se perda, mandamos pólo por escrito; e non sabemos máis delas, só dúas estrofas, a primeira de cada unha.

Cantigas de amor[editar | editar a fonte]

Un pequeno anaco dunha das cantigas é:

Moyr', e faço dereyto,

por hûa Dona d'Elvas

que me trage tolheyto,

como a quen dam as hervas.

Des que lh'eu vi o peyto

branco, dix'aas ssas servas:

A mha coyta non á par,

ca ssey que me quer matar,

e quero eu morrer por ela,

ca me non poss'ém guardar.

Morro, e teño motivo,
por unha Dona de Elvas
que me ten destruído
como a quen dan herbas.
Desde que lle vin o peito
branco, dixen ás súas servas:
Miña coita non ten par,
pois sei que me quere matar,
e quero eu morrer por ela,
pois non o podo evitar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Stegagno-Picchio, (1962) L. As cantigas de amor de Vidal, judeu de Elvas. (en portugués)