Lopo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | xograr ![]() |
Lopo foi un xograr galego da primeira metade do século XIII.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chegou a ser un xograr de certo prestixio, xa que frecuentaba córtea castelá e é posible que tamén, ocasionalmente, a portuguesa.[2] Foi levado polo rei Fernando III a campañas militares, segundo el mesmo di nalgunha das súas composicións.[1]
Foi obxecto de escarnio por parte de Martín Soarez, en varias das súas composicións, dicindo de Lopo que o público pagáballe con patadas ou con dons para que deixase de actuar.[3] Tamén foi obxecto de escarnio en composicións provenzais.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]É autor de 3 cantigas de amor[5] e 8 cantigas de amigo[6], incluída unha cantiga de romería.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-08-20.
- ↑ Gutiérrez García, Santiago (2018-11-28). "Martin Codax y las cantigas de santuario gallegoportuguesas" 98 (2): 341. ISSN 1988-8538. doi:10.3989/rfe.2018.012. Consultado o 2021-01-10.
- ↑ "Martín Soarez | Real Academia de la Historia". Consultado o 2021-01-10.
- ↑ Morley, S. Griswold; Pidal, Ramon Menendez (1925-12). "Poesia Juglaresca y Juglares." 40 (8): 504. ISSN 0149-6611. doi:10.2307/2914587. Consultado o 2021-01-10.
- ↑ ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". cantigas.fcsh.unl.pt. Consultado o 2021-08-20.
- ↑ Rip Cohen. 500 Cantigas d’ Amigo: Edição Crítica / Critical Edition. Porto: Campo das Letras, 2003, pp. 482-489