Saltar ao contido

Diego Pezelho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDiego Pezelho
Biografía
Actividade
Ocupacióntrobador Editar o valor en Wikidata

Diego Pezelho Diego foi un xograr do século XIII, compositor de lírica galego-portuguesa.[1] Activo contra a segunda metade do século XIII.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sábese que era un xograr pola rúbrica que contén un dos cancioneros.[2] Estudosos como Giuseppe Tavani cren que é de orixe portuguesa, con todo, a súa presenza en Portugal, entre 1245 e 1247, puido deberse a que formase parte do séquito de Afonso X que tomou parte a favor de Sancho II de Portugal.[1][2]

Consérvase unha cantiga de escarnio e maldicir, recollida no Cancionero da Biblioteca Vaticana e no Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa.[3] É un sirventés político, en que simulando ser o comandante dunha fortaleza, ataca ao arcebispo por non ceder a praza a Afonso III, gardando fidelidade a Sancho II.

  1. 1,0 1,1 "MedDB - Visualiza Trobador". Consultado o 2021-07-17. 
  2. 2,0 2,1 ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17. 
  3. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-07-17. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]