Airas Carpancho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Airas Carpancho
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]

Airas Carpancho foi un trobador galego de finais do século XII e primeira metade do século XIII. Pertence á primeira época da lírica galego-portuguesa.[1] É posible que o apelido proveña da expresión "corpo ancho"

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Polas investigacións de Yara Frateschi Vieira e Xosé Antonio Souto Cabo comézase a coñecer algo sobre a súa vida.[1] Foi un cabaleiro, fillo de Fernando Pais, nacido en Santiago de Compostela e con posesións en Teo. Consta que tivo dous irmáns que estudaron en París, un deles foi tamén poeta (en latín). Debeu vivir entre os anos 1180 e 1245. Dunha das súas obras dedúcese que frecuentou o círculo literario de Dona Costança Martins e Don Munio de Rodeiro.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvanse trece obras: doce cantigas de amigo e unha cantiga de amor.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Airas Carpancho". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  2. "Biografía". Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Base de datos da Lírica Profana Galego-Portuguesa (MedDB). ISSN 1989-4546. Consultado o 4 de decembro de 2021. 
  3. "Airas Carpancho - Todas as cantigas". Cantigas Medievais Galego-Portuguesas (en portugués). 2012. Consultado o 4 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]