Fernan do Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Fernan do Lago
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntrobador
editar datos en Wikidata ]

Fernan do Lago foi un xograr ou trobador galego do século XIII.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Algúns investigadores sosteñen que en realidade éFernando Esquío.[1][2] No século XIII había nobres co mesmo apelido na zona de Ferrol.[3] O apelido pode indicar a súa procedencia no canto da súa liñaxe como, por exemplo, Bernal de Bonaval ou Johan de Requeixo.[4] Na súa cantiga menciona o santuario de Santa María de Lago, podendo corresponder a unha localidade da comarca do Salnés, aínda que existen varias localidades con ese topónimo tanto en Galicia como en Portugal.[5] Pola posición que ocupa nos cancioneiros o máis probable é que fose un xograr.[6] Tamén pola súa colocación nos cancioneiros é posible que estivese activo na época de Don Dinís.[7]

Obra[editar | editar a fonte]

Consérvase unha cantiga de amigo, pertencente ao subxénero das cantigas de romaría.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fernando Esquío – Roteiro da Lírica Medieval" (en inglés). Consultado o 2021-03-05. 
  2. FERRÍN, X. L. MÉNDEZ (2016-03-05). "Ferrol lacustre de Fernando Esquío" (en castelán). Consultado o 2021-03-05. 
  3. http://catedra.pontedeume.es/14/catedra1410.pdf Arquivado 18 de agosto de 2021 en Wayback Machine. P.187 (3 de 35)
  4. Santiago Gutiérrez García - BIBLIOTECA GONZALO DE BERCEO. "LAS CANTIGAS DE SANTUARIO Y LA PEREGRINACIÓN DE SANCHO IV A SANTIAGO". Consultado o 2021-03-05. 
  5. "Cantigas de Romaria". Google My Maps. Consultado o 2022-03-22. 
  6. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-05. 
  7. "6 Fin do itinerario: De Santiago a Lago con Fernando Esquío. - liricamedievalnosofia". Consultado o 2021-03-05. 
  8. ".:: Cantigas Medievais Galego-Portuguesas ::.". Consultado o 2021-03-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]