Afonso Lopez de Baian
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | década de 1210 Baião, Portugal, presumiblemente |
| Morte | 3 de maio de 1280 (Gregoriano) Reino de Portugal |
| Lugar de sepultura | mosteiro de Santa María de Salzedas |
| Actividade | |
| Ocupación | trobador |
| Familia | |
| Familia | Casa de Baião (pt) |
| Cónxuxe | Mor Gonçalves de Sousa (1251 (Gregoriano)–1280 (Gregoriano)), morte |
| Pais | Lopo Afonso de Baião |
| Irmáns | Sancha Lopes de Baião Diogo Lopes de Baião Fernão Lopes de Baião |
| Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
Afonso Lopez de Baian foi un trobador portugués, que estivo activo na corte de Fernando III de Castela entre 1245 e 1253 e na de Afonso III de Portugal entre 1253 e 1280.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É autor de 10 textos: dúas cantigas de amor, catro cantigas de amigo, dúas cantigas de escarnio, unha parodia literaria e unha sátira política.
Unha das súas cantigas de escarnio ridiculiza a Mendo Rodrigues de Briteiros, alcumándoo Don Belpelho e a outros infantes de Afonso III. A cantiga está inspirada na forma en que se narra no Cantar de Roldán o consello dos acompañantes de Carlomagno.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.