Pedro Amigo
Pedro Amigo | |
---|---|
Nacemento | século XIIxuliano |
Lugar de nacemento | Betanzos |
Falecemento | século XIIIxuliano |
Nacionalidade | España |
Ocupación | trobador |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Pedro Amigo de Sevilha ou Pedr'Amigo foi un trobador galego, activo durante a segunda metade do século XIII na Corte do rei castelán Afonso X O Sabio, en Sevilla.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Crese que era natural de Betanzos, estando rexistrada a súa condición de canónico nas catedrais de Oviedo e Salamanca. O último documento no que aparece citado é de 1308, polo que se cre que falecese nesa época. Compuxo trinta e seis cantigas que figuran no Cancioneiro da Ajuda, o Cancioneiro Colocci-Brancuti e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Neles atópanse catro cantigas de amor, 10 cantigas de amigo, 18 cantigas de escarnio, tres tenzóns e unha pastorela.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Vicente Beltrán, «Pedr'Amigo de Sevilha», Dicionário da Literatura Medieval Galega e Portuguesa. Org. e coord. de Giulia Lanciani e Giuseppe Tavani, 2.ª ed., Lisboa, Editorial Caminho, 2000, pp. 519–520.
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |