Asociación Internacional de Federacións de Atletismo
![]() | |
Deporte | Atletismo |
---|---|
Nome | World Athletics (WA) |
Fundación | 17 de xuño de 1912 |
Ámbito | Mundial |
Sede | ![]() |
Socios | 214 federacións nacionais |
Presidente | ![]() |
Na rede | |
https://www.iaaf.org/home | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (en inglés, International Association of Athletics Federations, ou IAAF) é o órgano de goberno do atletismo a nivel mundial.
Historia[editar | editar a fonte]
A IAAF foi fundada o 17 de xuño de 1912, baixo o nome de Federación Internacional de Atletismo Amateur (en inglés, International Amateur Athletics Federation), por representantes de 17 federacións nacionais de atletismo, no seu primeiro congreso celebrado en Estocolmo (Suecia).[1]
En 1982 e anos posteriores, a IAAF acometeu varios cambios nas súas regras internas que permiten que os atletas poidan recibir compensacións económicas pola súa participación en competicións atléticas. Porén, a pesar diso, a IAAF mantivo a palabra "amateur" no seu nome até o congreso celebrado en 2001, polo o que o seu nome pasou de ser Federación Internacional de Atletismo Amateur ao actual Asociación Internacional de Federacións de Atletismo.
Desde outubro de 1993 a sede central da IAAF encóntrase en Mónaco.
Funcións[editar | editar a fonte]
Entre as súas funcións, ademais da organización de eventos deportivos, encóntranse a estandarización de métodos para medir o tempo nas probas cronometradas, así como o mantemento e recoñecemento de récords do mundo de atletismo nas súas diferentes categorías.
Competicións organizadas pola IAAF[editar | editar a fonte]
A IAAF organiza numerosas competicións en cada unha das súas especialidades ou disciplinas. As máis importantes son:
- Campionato Mundial de Atletismo
- Campionato Mundial de Atletismo en Pista Cuberta
- Copa Continental da IAAF
- Campionato Mundial de Carreiras de Relevos
- Campionato do Mundo de Marcha Atlética por Equipos (antes, Copa do Mundo de Marcha Atlética)
- Campionato Mundial de Medio Maratón
- Campionato Mundial de Campo a Través
- Campionato Mundial de Atletismo Sub-20
- Campionato Mundial de Atletismo Sub-18
- Liga de Diamante
- IAAF World Challenge
- IAAF Challenges (eventos combinados, marcha atlética e lanzamento de martelo)
- Road Races (maratón, medio maratón, carreira de 10 km, carreira de 20 km, e outros)
Organización[editar | editar a fonte]
A estrutura xerárquica da Asociación está conformada polo Presidente e os Vicepresidentes, o Congreso, o Comité Executivo, o Consello e os Comités Técnicos.
Federacións continentais[editar | editar a fonte]
A IAAF conta, desde 2015, coa afiliación de 214 federacións nacionais,[2] repartidas en seis organismos continentais:
Nome | Sigla | Sede | Nº de federacións |
Páx. web |
---|---|---|---|---|
Confederación Africana de Atletismo | (CAA) | Dakar, ![]() |
54 | [1] |
Asociación Asiática de Atletismo | (AAA) | Singapur, ![]() |
45 | [2] |
Asociación Europea de Atletismo | (EAA) | Lausana, ![]() |
51 | [3] |
Asociación de Atletismo de Norteamérica, Centroamérica e o Caribe | (NACAC) | San Xoán, ![]() |
31 | [4] |
Asociación de Atletismo de Oceanía | (OAA) | Hermit Park, ![]() |
20 | [5] |
Confederación Suramericana de Atletismo | (ConSudAtle) | Manaus, ![]() |
13 | [6]Arquivado 23 de xullo de 2020 en Wayback Machine. |
Presidentes[editar | editar a fonte]
Nº | Período | Nome | País |
---|---|---|---|
1 | 1912 – 1946 | Sigfried Edström | ![]() |
2 | 1946 – 1976 | David Burghley | ![]() |
3 | 1976 – 1981 | Adriaan Paulen | ![]() |
4 | 1981 – 1999 | Primo Nebiolo | ![]() |
5 | 1999 – 2015 | Lamine Diack | ![]() |
6 | 2015 – | Sebastian Coe | ![]() |
Federacións nacionais[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ «History - Introduction.» Consultada o 27 de agosto de 2018.
- ↑ "IAAF NATIONAL MEMBER FEDERATIONS". Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ A Federación Rusa de Atletismo foi suspendida provisionalmente como membro da entidade por resolución da IAAF do 15 de novembro de 2015.
- ↑ Mundo Deportivo: «Rusia, suspendida por la IAAF».
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Sitio oficial da IAAF (en inglés).