Saltar ao contido

Inocencio III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInocencio III, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Innocentius PP. III Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Lotario de' Conti di Segni Editar o valor en Wikidata
22 de febreiro de 1160 Editar o valor en Wikidata
Gavignano (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xullo de 1216 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Perugia (Estados Pontificios) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de San Xoán de Latrán (1891–)
Tomb of Innocentius III (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Patriarca latino de Alexandría
1215 – 16 de xuño de 1216
176º Papa
15 de xaneiro de 1198 – 16 de xullo de 1216
← Celestino IIIHonorio III →
Cardeal
setembro de 1190 (Gregoriano) – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París
Universidade de Boloña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Roma
Estados Pontificios Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, escritor Editar o valor en Wikidata
ProfesoresPierre de Corbeil Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoQuinta cruzada Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosasen valor Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónOttaviano di Paoli Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de marzo de 11911191 papal election (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiTrasimondo Conti, Conte di Segni Editar o valor en Wikidata
IrmánsRiccardo Conti Editar o valor en Wikidata
ParentesLucia of Segni, second niece Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Vlastenský slovník historický (pt) Traducir
Biblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1767099 IMSLP: Category:Pope,_Innocent_III Find a Grave: 6926278 Editar o valor en Wikidata

Inocencio III, nado en Anagni cara ao ano 1161 e finado en Perugia o 16 de xullo de 1216, foi o papa nº 176 da Igrexa católica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nobre de familia italiana, estudou Teoloxía na Universidade de París e despois Dereito Canónico en Boloña. Incluso antes de ser elixido Papa xa era unha personalidade respectable e connotada. Por isto Celestino III nomeouno cardeal e, tralo seu falecemento en 1198, nunha votación unánime foi elixido como sumo pontífice o 8 de xaneiro dese ano. O colexio Cardenalicio viu máis tarde satisfeitas as súas perspectivas. Parte da grande enerxía que despregou como Pontífice débese a que foi un Papa infrecuentemente novo, pois foi elixido con 35 anos.

A súa influencia non pasou desapercibida para ninguén. As súas prédicas sempre foron sustentadas no seu propio exemplo, sendo moi destacable o seu estilo de vida humilde dentro da curia romana. Ademais, as súas grandes dotes como diplomático permitiron adherir a Roma os territorios adxacentes ata Rávena, As Marcas, Ancona e o antigo ducado de Spoleto.

Convocou o IV concilio de Letrán de 1215, por medio do cal ditou un regulamento que deu forma á Inquisición pontificia.

Estado da cristiandade á chegada de Inocencio

[editar | editar a fonte]

O Papado de Inocencio III iniciouse en medio de varias convulsións sociais. En varias rexións de Europa o feudalismo estaba cedendo terreo a unha nova sociedade burguesa, en medio da revolución do século XII. Á vez, os estados nacionais estábanse fortificando, e os reis, particularmente os de Francia e Inglaterra, perfilábanse como novos actores de importancia no mapa político. En oriente, a cristiandade debía lidar coa ameaza dun poder musulmán fortalecido por Saladino, que conseguira desbancar á terceira Cruzada. Sendo a igrexa católica unha das entidades máis poderosas de Europa, non podía facerse oídos xordos a todos estes sucesos.

A propia igrexa atravesaba por un período complexo. Decrecera o pulo da orde cisterciense, sustento da igrexa durante o século XII, e novas doutrinas como a dos cátaros, valdenses e patarinos estábanse propagando. Era evidente que o novo Papa debería actuar con resolución para manter o rol da igrexa.

Mentalidade

[editar | editar a fonte]

Xogaron un papel na mentalidade de Inocencio a súa orixe nobre e aristocrática e a súa formación como teólogo e xurista especializado en dereito canónico. Deste modo, a Inocencio pareceulle natural aseverar que a igrexa Católica tiña a plena potestade (plenitudo potestatis) sobre toda a Cristiandade. Baseándose no texto de Mateu XVI, no que Cristo confire as chaves do Reino dos Ceos a Pedro, afirmou a plena soberanía da igrexa incluso sobre o Emperador. Reservábase Inocencio III o dereito a intervir en política cando, ó seu xuízo exclusivo, houbese razón de pecado (ratione peccati) no actuar dos príncipes, xa que estes estaban para velar só polo benestar físico dos seus súbditos, mentres que o Papa estaba para velar pola salvación das almas, empresa esta máis valiosa que a primeira en termos morais.

Para demostrar este ideario en signos prácticos, Inocencio III sempre prefería ser chamado co título de Vigairo de Cristo, porque á súa persoa lle incumbía o trato dos asuntos do ceo e da terra. Parece ser que foi o primeiro dos Papas que se proclamou con este título.

Política internacional

[editar | editar a fonte]

Relacións co Imperio

[editar | editar a fonte]

As ideas políticas de Inocencio víronse reflectidas á morte do Emperador Henrique VI, onde impuxo a súa autoridade pontificia para autonomearse como árbitro e cualificador dos pretendentes ó trono, aínda que este anhelo fora estampado anteriormente na súa encíclica De contemptu mundi. Sostiña que o Imperio procedía da Igrexa non só principaliter (na súa orixe), senón tamén nas súas fins (finaliter), polo que a pesar de que os príncipes electores alemáns tiñan o dereito xurídico de nomear un novo Emperador, esta elección debía ser ratificada polo Pontífice.

Porén, a súa política respecto a Alemaña sempre foi problemática. Promoveu a Otón de Brunswick como "antiemperador" da casa Welf contra Filipe de Suabia, da casa Hohenstaufen, pero cando este último foi asasinado en 1206 e Otón foi coroado en Roma como Otón IV, ámbolos dous pelexaron. Recorreu entón Inocencio III ó seu pupilo, Federico II de Alemaña, que naquel momento gobernaba Sicilia. Otón invadiu Italia militarmente, pero debeu retirarse. Federico, á vez, invadiu Alemaña. O desastroso resultado da batalla de Bouvines, que Otón librou contra Filipe Augusto de Francia, en 1214, selou a súa sorte, e Federico alcanzou a coroa de Alemaña, sen desprenderse de Sicilia, o que puxo ó Papa nunha situación incómoda, que non logrou resolver debido ó seu falecemento.

Outras relacións europeas

[editar | editar a fonte]

Con respecto a Francia, Inocencio interveu nos problemas de Filipe II de Francia coa súa repudiada esposa. Neste terreo conseguiu converter a hostilidade inicial de Filipe nunha cooperación amigable, que lle valeu a súa alianza contra Otón IV de Alemaña. Tamén Inocencio favoreceu a Filipe invitándoo á cruzada albixense.

Tamén interveu na proclamación de Kalojan en Bulgaria.

Tivo tamén unha dura controversia con Xoán de Inglaterra, coñecido tamén como Xoán Sen Terra. En 1205 faleceu Hubert Walter, arcebispo de Canterbury. Xoán intentou nomear un candidato, pero Inocencio decidiu que tal cargo fose ocupado por Stephen Langton, reputado teólogo da universidade de París. Ante a porfía de Xoán, Inocencio lanzou o interdito sobre Inglaterra en 1208, e a excomuñón contra Xoán en 1209. Xoán resistiu ata 1213, e finalmente cedeu ante os desexos de Inocencio, chegando incluso a recoñecerse como vasalo da igrexa, como medida desesperada para evitar que os franceses puidesen invadir os seus dominios (que agora eran eclesiásticos).

Estes e outros asuntos políticos demostraron que Inocencio se sentía realmente un Rei de Reis, con capacidade de arbitrio sobre a política europea.

Loita contra os herexes e os infieis

[editar | editar a fonte]

En pro de defender a cristiandade por riba de tódalas cousas, impulsou a cuarta cruzada a Terra Santa en 1202. Porén, os enredos de Venecia, un dos principais financeiros da expedición, levou ós cruzados a tomar primeiro a cidade de Zara, enclave bizantino na costa de Dalmacia, e despois saquear dúas veces a cidade de Constantinopla en 1204, poñéndolle fin ó Imperio Bizantino. Todo isto pese ás excomuñóns coas que Inocencio fulminou ós cruzados, por volver as armas que debían ser dirixidas contra os musulmáns cara aos irmáns cristiáns.

Ante o problema dos cátaros, Inocencio enviou a varios legados, e autorizou as prédicas de Domingo de Guzmán, para tratar de reconvertelos. En xaneiro de 1208 o asasinato de Pierre de Castelnau, legado pontificio no sur de Francia, precipitou os acontecementos. Inocencio chamou á Cruzada para extirpar a herexía, dando orixe así á cruzada albixense. Aínda que houbo núcleos de resistencia ata varias décadas despois, xa en 1215 Inocencio sentiuse seguro dos seus resultados, ata o punto de convocar un Concilio Ecuménico para resgardar a ortodoxia católica. Paralelamente, a cruzada albixense deulle un poderoso pulo a Francia, ó permitírselle a anexión da rexión do Languedoc.

O Concilio de Letrán

[editar | editar a fonte]

Pouco antes de morrer, en 1215, convocou o IV Concilio de Letrán, un dos máis importantes da época, no que se trataron temas políticos e en especial se ditaron deberes e dereitos para a maioría das clases sociais. Destaca Omnis Utriusque Sexus, no que se obriga a tódolos adultos cristiáns a recibir os sacramentos da confesión e a eucaristía polo menos unha vez ó ano.

Por outra parte cabe destacar o seu incondicional apoio a Santo Domingo de Guzmán, quen fundou a orde dos dominicos, e a san Francisco de Asís, que foi creador da orde dos franciscanos e as clarisas. Deste modo foi o precursor dunha importante reforma eclesiástica.

O 16 de xuño de 1216 faleceu en Perugia, sendo sucedido por Censio Savelli (futuro Honorio III). Tiña 55 anos.

As profecías de San Malaquías refírense a el como Comes signatus (Conde Signado), facendo referencia á súa familia, os condes de Segni.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Isaac Asimov, A formación de Inglaterra; Alianza Editorial, 1983. Páxinas 254-256. Sobre o problema de Stephen Langton.
  • Paul Labal, Os cátaros; Editorial Crítica, 2000. Sobre a política de Inocencio III co catarismo.
  • F. Degalli, Historia da Igrexa. Editorial Codex S.A., 1963. Páxinas 147-148.
  • Gerardo Laveaga, El sueño de Inocencio. Editorial Ediciones Martínez Roca. Impreso en México. Ano 2006. Ascenso e caída do papa máis poderoso da historia.
  • Fernando Vallejo, La Puta de Babilonia. Editorial Planeta, 2007. Sobre os masacres cometidos por este e outros papas, e a relación da Igrexa Católica co poder.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]