Saltar ao contido

Eucaristía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eucaristía
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
 Baseado en
 Estudado por
Características
 Relixión
Códigos e identificadores
Freebase/m/02np4 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC523496792 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 123751 BNE: XX525436
Wikidata G:Commons C:Commons

A eucaristía (do grego ευχαριστω, eucharisto, "acción de grazas") é, segundo a tradición das igrexas católica, ortodoxa, copta, anglicana e algunhas denominacións luteranas, o sacramento do Corpo e do Sangue de Xesucristo baixo as especies de pan e viño, que por medio da consagración convértense no seu corpo e sangue.

Na Igrexa católica, na ortodoxa e na copta, a eucaristía considérase a fonte e culminación da vida de todo cristián. De acordo ao catecismo da Igrexa católica a eucaristía representaría un signo de unidade, vínculo de caridade e banquete pascual no que se recibe a Cristo, a alma énchese de graza e dásenos peza da vida eterna (Cfr. Compendio do Catecismo de Doutrina Católica n. 271).

Celebración eucarística no Santuario da Nosa Señora de Fátima en Portugal.