Unión dos Traballadores da Banca de Galiza
Aparencia
Unión dos Traballadores da Banca de Galiza | |
---|---|
Tipo | sindicato ![]() |
Data | |
Fundación | 1976 ![]() |
Localización | |
País | España ![]() |
Área de operación | Galicia ![]() |
[ Wikidata ] |
A Unión dos Traballadores da Banca de Galiza (UTBG) foi un sindicato nacionalista e de clase fundado no ano 1976 pola UPG.
Historia
[editar | editar a fonte]Tiña como campo de actuación o sector financeiro, dentro dunha estratexia para burlar a restritiva lexislación posfranquista que impedía a creación de sindicatos de clase. O seu voceiro era O Peto. A súa primeira secretaria xeral foi Fernanda Padín Ogando. En maio do 1977 unificouse con outros sindicatos sectoriais para crear a ING aproveitando a aprobación da "Lei de regulación do dereito a asociación sindical". É a predecesora da actual Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG.