Francisco García Montes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Francisco García Montes
editar datos en Wikidata ]

Francisco García Montes é un político e sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante da UPG, foi secretario xeral da ING ata 1980. O 3 de outubro de 1980 foi elixido secretario xeral da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) nunha Asemblea en Compostela, logo do acordo de setembro que permitiu a unificación da ING e a CTG. Entre abril e maio de 1981 pola crise interna na UPG entre os partidarios de profesionalizar e dar máis peso ao BN-PG, o sector minoritario entre os que se encontraba García Montes, e aqueles que se opuñan, o sector maioritario, foi expulsado da UPG xunto con todo o grupo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Conde Muruais, Perfecto (12-5-1981). "Expulsados varios dirigentes de Unión del Pueblo Gallego". elpais.com (en castelán). Consultado o 3-7-2019. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.