Confederación Sindical Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Confederación Sindical Galega (CSG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou como unha escisión da USO en 1980. Celebrou o seu primeiro Congreso en setembro de 1980, e boa parte dos cadros elixidos eran membros do PSG. En setembro de 1982 unificouse coa INTG. Silo Castro foi o seu secretario nacional de coordinación.