Daniel Niebla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Niebla
Nacemento1933
 A Coruña
Falecemento10 de marzo de 1972
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista
editar datos en Wikidata ]

Daniel Niebla García, nado en 1933 e finado en Ferrol o 10 de marzo de 1972, foi un sindicalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballador da Empresa Nacional Bazán. Pertencía a Comisións Obreiras de Galicia. Logo do despedimento de dous dos líderes do sindicato, Rafael Pillado e Julio Aneiros,[1] o 10 de marzo de 1972 Bazán pechou e os traballadores, en protesta, realizaron unha manifestación[1] na que participaron os despedidos xunto o cadro de persoal de Bazán e os líderes sindicais Amor Deus e José María Riobó, entre outros. Os enfrontamentos de obreiros e forzas da orde terminaron coa morte por disparos da policía de Amador Rey e Daniel Niebla que resultou malferido e morreu ao pouco de chegar ao hospital.[1][2][3] A represión non evitou que en setembro, os traballadores dos estaleiros, e doutras empresas industriais de Vigo, se mobilizasen con máis de quince mil traballadores e declarasen unha folga xeral que durou dúas semanas, á que seguiron, de novo, despedimentos masivos, pero na que Comisións Obreiras e outros movementos sindicais fora do aparato franquista mostraron a súa capacidade de resposta e organización.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cuadernos de Ruedo Ibérico. Éditions Ruedo Ibérico. 1976. p. 40. ISSN 0011-2488. 
  2. Pereiro, Xose Manuel (18 de xaneiro de 2006). "Julio Aneiros, veterano dirigente sindical gallego". El País. Consultado o 2 de abril de 2016. 
  3. Federación de Comisiones Obreras, ed. (17 de marzo de 2006). "Muere Julio Aneiros, histórico dirigente de CCOO y del PCG". Agencia EFE. Consultado o 2 de abril de 2016. 
  4. "La huelga general de Vigo de 1972 fue el mayor éxito histórico de la clase obrera gallega". eldiario.es. 15 de marzo de 2013. Consultado o 2 de abril de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]