Paulo Carril
Aparencia
Biografía | |
---|---|
3º Secretario Xeral da CIG | |
2017 – ← Suso Seixo | |
Datos persoais | |
Residencia | A Coruña |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Familia | |
Irmáns | Xosé Manuel Carril |
Paulo Simón Carril Vázquez é un sindicalista galego, secretario xeral desde o 28 de maio de 2017, da Confederación Intersindical Galega (CIG) en relevo de Suso Seixo.[1][2] É irmán do ex-líder do BNG na Coruña, Xosé Manuel Carril.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concorreu como número 21 nas listas do BNG ás eleccións municipais de 1999 para a cidade da Coruña.[4]
Foi secretario comarcal da CIG na Coruña de 2001 a 2013, ano no que é nomeado Secretario Confederal de Organización[5] até a súa elección en 2017 como líder do sindicato nacionalista galego.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paulo Carril, elixido novo secretario xeral da CIG". www.cig.gal. Consultado o 2017-06-25.
- ↑ EP (2017-05-28). "Paulo Carril, nuevo secretario general de la CIG con el 96% de los votos". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ E. Silveira (2010-12-15). "Carril se entrevista con Carril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ "Candidaturas por A Coruña". vello.vieiros.com. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Costas, Lui. "Paulo Carril abandona la Secretaría Comarcal de la CIG tras doce años - La Opinión A Coruña". Consultado o 2017-06-25.