Suso Seixo
Suso Seixo | |
---|---|
Suso Seixo en 2010. | |
Nacemento | 1952 |
Lugar de nacemento | Curtis |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xesús Eladio Seixo Fernández[1], máis coñecido como Suso Seixo, nado en Curtis en 1952, é un sindicalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, pero non demoraría en entrar no mundo sindical. A súa forte vinculación co mundo sindical comezou en 1978, como un dos membros fundadores da Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG). Militou nesta organización até 1994, cando o sindicato se fusionou coa Confederación Xeral de Traballadores Galegos-Intersindical Nacional (CXTG-IN), dando lugar á Confederación Intersindical Galega (CIG), episodio que se considera como a superación da ruptura que se produciu en 1985 no sindicalismo nacionalista [2].
Foi secretario xeral da CIG desde o ano 2001, sucedendo no cargo a Fernando Acuña, até o VII Congreso Confederal, celebrado en 2017 e no que foi relevado por Paulo Carril. Na actualidade, é o presidente [3] da Fundación Moncho Reboiras para o estudo e divulgación da realidade social e sindical na Galiza.
Dirixente da Unión do Povo Galego, é militante do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación no 1982.
Suso Seixo
| ||
Precedido por Fernando Acuña Rúa
|
Secretario Xeral 2001 - 2017 |
Sucedido por Paulo Carril |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Aposto por que haxa unha banca pública galega", entrevista en El Correo Gallego, 18 de xaneiro de 2010 Consultado o 8 de febreiro de 2010.
- ↑ "A liberación como obxectivo" Arquivado 19 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., artigo do sindicalista Manuel Mera publicado orixinalmente en GZ Nación. Consultado o 19 de xaneiro de 2018 no blog do autor.
- ↑ "Composición do padroado da Fundación Moncho Reboiras", Consultado o 19 de xaneiro de 2018.