Frente Obreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Frente Obreiro da UPG foi a sección sindical da UPG, xurdiu a fins de 1972 nunha xuntanza en Pontevea. O seu responsable foi Moncho Reboiras e tiña implantación en Vigo e en menor medida en Ferrol e A Coruña. Publicaba o boletín O Eixo desde 1974.

En 1974 tiña arredor de 50 militantes, en 1975 aumentou a súa afiliación e obtouse por crear un sindicato propio que veu a luz en maio de 1975 co nome de Sindicato Obreiro Galego.