Sanidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manifestación pola Sanidade Pública en Vigo, no ano 2015

Enténdese por sanidade o conxunto de servizos destinados a preservar e protexer a saúde dos cidadáns.[1]

Tipos[editar | editar a fonte]

Segundo a propiedade dos servizos, hai dous tipos:

  • Pública: os servizos de saúde dependen dos respectivos gobernos, e é o encargado de desenvolver as políticas sanitarias.
  • Privada: os servizos sanitarios dependen de empresas privadas.

Sanidade no eido internacional[editar | editar a fonte]

Todos os países teñen sanidade pública, aínda que se diferencian nos servizos mínimos que prestan aos seus cidadáns. Porén, a sanidade privada adoita estar presente na maioría destes países, como complemento á sanidade pública. A regra xeral é que nun país conviven ambos tipos de sanidade, polo que teñen un sistema sanitario mixto.[2]

En Galiza[editar | editar a fonte]

No ámbito galego, o Servizo Galego de Saúde, a través dos impostos recadados, encárgase de garantir a atención sociosanitaria dos cidadáns de Galiza, ofrecendo servizos sanitarios en diferentes institucións e centros de saúde.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario; sanidade". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-18. 
  2. "Dicionario; mixto". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.