Folga xeral
Aparencia
Unha folga xeral é unha acción de protesta levada a termo por toda a forza de traballo dunha cidade, comarca, rexión ou país, consistente en deixar de traballar e manifestarse nas rúas para conseguir un obxectivo económico ou político. A finais do século XIX e inicios do século XX foron frecuentes porque os movementos sindicais tiñan unha grande influencia a nivel internacional.
As folgas xerais foron frecuentes en España durante as primeiras décadas do século XX impulsadas polos movementos anarquistas, así como nos últimos anos da ditadura franquista.
A folga xeral máis importante dos últimos anos aconteceu en París durante o mes de maio de 1968.
Folgas xerais salientábeis
[editar | editar a fonte]- Folga xeral de 1917 en España.
- Folga xeral de 1918 en Suíza.
- Folga xeral de 1919, en Barcelona.
- Folga xeral de 1932 en Xenebra.
- Folga xeral revolucionaria de 1934 en España (principalmente en Asturias e Cataluña).
- 1936 (en Francia).
- A Folga xeral do inverno 1960-1961 en Bélxica.
- Maio de 1968.
- Revolución laranxa en Ucraína (2004).
Folga xeral en Galicia e España desde 1981
[editar | editar a fonte]- 1981, tralo golpe de estado do 23 de febreiro de 1981.
- 1985, 20 de xuño[1]
- 1988, 14 de decembro[1]
- 1992, 28 de maio[1]
- 1994, 27 de xaneiro[1]
- 2002, 20 de xuño[1]
- 2003, 10 de abril
- Folga xeral española de 2010, 29 de setembro[1]
- 2011, 27 de xaneiro
- 2012, 29 de marzo[2]
- 2012, 14 de novembro
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 DOCUMENTACIÓN EL PAÍS (con datos de EFE y elaboración propia) (14.xuño.2010). El País, ed. "Las huelgas generales de la democracia" (HTML) (en en castelán). Consultado o 27 de marzo de 2012.
- ↑ Manuel V. Gómez / Soledad Alcaide / José Luis Aranda (29.xuño.2012). El País, ed. "HUELGA GENERAL DEL 29-M: La jornada de huelga general culmina con manifestaciones masivas en toda España" (HTML) (en en castelán). Consultado o 5 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Folga xeral |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de folga xeral |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Mass Strike de Rosa Luxemburg (1906) (en inglés)