Saltar ao contido

Casa das Campás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 3 de setembro de 2018 ás 16:02 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9))

Coordenadas: 42°25′57″N 08°38′47″O / 42.43250, -8.64639

Fachada da Casa das Campás.

A Casa das Campás é unha das tres construcións máis antigas que se conservan da cidade de Pontevedra, e posiblemente a máis vella das civís. Localízase na rúa Don Filiberto, 11, no casco histórico.

Historia

Debida á falta de documentación, as súas orixes non están claras, pero suponse que pertence á Época Baixomedieval polos escudos que se atopan na fachada e o estilo das portas. Estes escudos relaciónana coa liñaxe dos García Camba ou máis probabelmente coa dos Puga, señores de Regodeigón en Ribadavia.

A primeira referencia existente das Casa das Campás é do ano 1587. Daquela, a edificación estaba preto da igrexa de San Bartolomeu o Vello, que por razóns que se descoñecen non tiña campá. Por esta razón, para chamar ós fregueses usábase o carillón da casa dos Puga, que por aquel entón xa pasara a mans dos monxes beneditinos do mosteiro de San Salvador de Lérez. Os monxes tamén empregaron a Casa das Campás como adega de viño, na que podían chegar a almacenar uns 12.000 litros.

Máis adiante, nos anos da posguerra, a casa foi coñecida como "Bar Pitillo" porque no baixo había un establecemento no que se obsequiaba ós clientes con tabaco. Na década de 1980 a edificación ficou en estado de abandono ata que foi adquirida polo concello no ano 2000 coa finalidade de restaurala. Actualmente é a sede da Vicerreitoría da Universidade de Vigo.

Lenda

Durante os séculos XIX e XX corría o rumor de que na casa estaba escondido o tesouro de Benito Soto, o pirata pontevedrés.

Véxase tamén

Ligazóns externas