Stuart Lewis-Evans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaStuart Lewis-Evans
Biografía
Nacemento20 de abril de 1930 Editar o valor em Wikidata
Luton, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
East Grinstead, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de Fórmula Un , piloto de motociclismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor em Wikidata

Stuart Nigel Lewis-Evans nado en Luton, Bedfordshire o 20 de abril de 1930 e finado en East Grinstead, Sussex o 25 de outubro de 1958, foi un piloto de carreiras británico de Inglaterra. Participou en 14 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 19 de maio de 1957. Logrou dous podios e anotou un total de 16 puntos de campionato. Tamén logrou dúas pole position.

Carreira[editar | editar a fonte]

Lewis-Evans comezou a competir en 1951 cun coche Cooper 500 de Fórmula 3, alentado e algunhas veces competindo contra o seu pai, Lewis "Pop" Evans.[1] Logrou moitas vitorias e podios e seguiu correndo en 500s ata 1956.

Na súa primeira carreira na Fórmula 1, Lewis-Evans terminou cuarto nun inferior Connaught Type B, vencido soamente polos múltiples gañadores Fangio e Brooks, e Masten Gregory nos dominantes coches Maserati 250F. Esta actuación chamou á atención de Tony Vandervell, dono do ascendente equipo Vanwall, e no seguinte Gran Premio Lewis-Evans pilotaba o terceiro Vanwall. O Vanwall de 1957 era rápido cando o seu motor aguantaba, pero non sempre era fiable. Lewis-Evans logrou a súa primeira vitoria na F1 nunha carreira fóra de campionato no ano 1957 no Gran Premio de Marrocos, e logrou a pole position na carreira final do campionato do mundo, o Gran Premio de Italia de 1957.

A tempada de Fórmula 1 de 1958 sería un ano moito mellor, polo menos inicialmente, para todo o equipo de Vanwall. Os pilotos principais Stirling Moss e Tony Brooks lograron tres vitorias cada un, e Lewis-Evans sumou puntos ao equipo con podios no Gran Premio de Bélxica de 1958 e no Gran Premio de Portugal de 1958. Tamén acadou a pole position no Gran Premio dos Países Baixos de 1958, pero non puido terminar a carreira. Esta non foi a súa única retirada do ano, de feito soamente logrou outro final, aínda que non anotou puntos, foi un cuarto lugar no Gran Premio do Reino Unido de 1958.

Lewis-Evans estrelouse fortemente no polvoriento circuíto de Ain-Diab durante a carreira final da tempada de 1958 no Gran Premio de Marrocos. O motor do seu Vanwall gripou e o lanzou contra as barreiras a gran velocidade, o seu coche incendiouse. Foi trasladado en avión ao Reino Unido, pero morreu no hospital a causa das queimaduras seis días despois do accidente.[2] A súamorte ensombreceu a vitoria de Vanwall no Clasificación do Mundial de Construtores de 1958, un logro ao cal Lewis-Evans contribuíu significativamente. Vandervell nunca se recuperou completamente da morte de Lewis-Evans e retirouse do automobilismo a finais de 1958.

Rexistro de carreiras[editar | editar a fonte]

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1957 Connaught Engineering Connaught Type B Alta 4 en liña ARX MON
4
12º 5
Vandervell Products Ltd. Vanwall Vanwall 4 en liña 500 FRA
Ret
GBR
7
ALE
Ret
PES
5
ITA
Ret
1958 Vandervell Products Ltd. Vanwall Vanwall 4 en liña ARX MON
Ret
NED
Ret
500 BEL
3
FRA
Ret
GBR
4
ALE
NCG
POR
3
ITA
Ret
MAR
Ret
11

Resultados na Fórmula 1 fora do campionato[editar | editar a fonte]

(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13
1956 Connaught Engineering Connaught Type B Alta 4 en liña NZL BUE GLO SYR BAR INT NAP AIN VAN CAE SUS BRS
2
AUS
1957 Connaught Engineering Connaught Type B Alta 4 en liña BUE SYR PAU GLV
1
NAP
Ret
Vandervell Products Ltd. Vanwall Vanwall 4 en liña RMS
3
CAE INT MOD MOR
2
1958 Connaught Engineering Connaught Type B Alta 4 en liña BUE GLV
5
SYR
British Racing Partnership Cooper T45 Climax 4 en liña AIN
5
INT
7
CAE
5

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Radnorian
  2. Motor Sport, December 1958, pp.821 & 824.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]