Alejandro de Tomaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Alejandro de Tomaso
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Flag of Argentina.svg Arxentina[1]
Anos en activo 1957, 1959
Escudería(s) Scuderia Centro Sud, O.S.C.A.
Grandes Premios disputados 2
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Arxentina de 1957
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1959

Alejandro de Tomaso, nado o 10 de xullo de 1928 en Buenos Aires, finado o 21 de maio de 2003 en Módena, Italia foi un piloto de carreiras e industrial arxentino. O seu nome vese ás veces en italiano como Alessandro de Tomaso. Participou en dous Grandes Premio do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutando o 13 de xaneiro de 1957. Non anotou ningún punto de campionato.

De Tomaso, fabricante de automóbiles[editar | editar a fonte]

Malia a súa carreira na Fórmula Un, de Tomaso é moito máis importante e coñecido no mundo do motor como fabricante de automóbiles. Fundou a empresa italiana de autos deportivos De Tomaso Automobili en 1959, e máis tarde construíu un importante imperio de negocios.

Nado en Arxentina nunha familia política prominente, de Tomaso fuxiu en 1955 a Italia[2] de onde o seu avó paterno emigrara, aos seus trinta anos, logo de verse implicado nun complot para derrocar ao presidente arxentino, Juan Perón. Instalouse en Módena e comezou a súa carreira na industria do automóbil como piloto de carreiras de Maserati e OSCA. Casou con Isabelle Haskell, unha herdeira estadounidense que tamén corría en coches.

En 1959 fundou a empresa de automóbiles De Tomaso en Módena, orixinalmente para construír prototipos e coches de carreiras, que incluíu un coche de Fórmula Un para o equipo Frank Williams en 1970. Logo De Tomaso decidiuse polos coches deportivos de alto rendemento, a maioría dos cales utilizaban chasis de aluminio, que se converteron no distintivo técnico da empresa. Os coches De Tomaso inclúen o dúas portas, con motor central Vallelunga, Mangusta e Pantera; o Deauville, unha berlina de catro portas parecido ao Jaguar XJ6 e o Longchamp, unha versión cupé de dúas portas do Deauville que máis tarde foi a base do Maserati Kyalami. O produto máis recente de De Tomaso foi o Guarà, un deportivo de dúas portas con carrozaría de fibra de carbono.

Durante os anos 1960 e 1970, de Tomaso adquiriu unha serie de participacións industriais italianas, así como dos estudos de carrozarías Ghia e Vignale. Fíxose co control das marcas de motocicletas Benelli e Guzzi e da empresa de coches Innocenti (fundada como unha rama da British Motor Corporation para construír minis en Italia), e, en 1975, do coñecido fabricante de automóbiles deportivos Maserati, que rescatou da creba coa axuda do goberno italiano. Co tempo, vendeu moitas das súas explotacións; Ghia foi vendido a Ford (que faría moito uso do nome) en 1973; Innocenti e Maserati vendéronse a Fiat (que pechou rapidamente a primeira) en 1993.

De Tomaso sufriu un derrameo cerebral en 1993, e o funcionamento do día a día da compañía De Tomaso pasou ao seu fillo Santiago.

Axudou na enxeñería da versión deportiva da cuarta xeración do Daihatsu Charade, presentado 1994, e que foi coñecido como o Daihatsu Charade De Tomaso.

Alejandro de Tomaso morreu en Italia en 2003.

Resultado completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos
1957 Scuderia Centro Sud Ferrari 500 Ferrari 4 en liña ARX
9
MON 500 FRA GBR ALE PES ITA NC 0
1959 Automobili O.S.C.A. Cooper T43 O.S.C.A. 4 en liña MON 500 NED FRA GBR ALE POR ITA USA
Ret
NC 0

Resultados fora de Campionato[editar | editar a fonte]

(Carreiras en negra indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10
1957 Alejandro de Tomaso Maserati 250F Maserati 6 en liña BUE
9*
SYR PAU GLV NAP RMS CAE
OSCA F2 O.S.C.A. 4 en liña INT
Ret
MOD MAR
* Indican unidade compartida con Luigi Piotti

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Twite, Mike. "De Tomaso: Italian Precision with Brute Force", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles, (London: Orbis, 1974), Volume 5, p.531
  2. "The Italian Dream". Motor: 18–20. 10 de xullo de 1971. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Twite, Mike. "De Tomaso: Italian Precision with Brute Force", in Northey, Tom, editor. World of Automobiles, Volume 5, pp. 531–2. London: Orbis, 1974.