Ivor Bueb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ivor Bueb
Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade
Anos en activo 3 (19571959)
Escudería(s) Connaught,
Maserati, Lotus e Cooper non oficiais
Grandes Premios disputados 6 (5 saídas)
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 0
Pole positions 0
Voltas rápidas 0
Primeiro GP Gran Premio de Mónaco de 1957
Derradeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1959


Ivor Léon John Bueb, nado en East Ham (Essex) o 6 de xuño de 1923 e finado en Clermont-Ferrand o 1 de agosto de 1959, foi un piloto profesional de automobilismo inglés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bueb comezou a competir seriamente en 1953 nun Cooper de Fórmula Tres de 500cc, graduouse nun Cooper oficial en 1955 cando terminou segundo no Campionato británico. Fixo saídas ocasionais en Grandes Premios de 1957 cun Connaught e un Maserati correndo para Gilby Engineering. Ao ano seguinte pilotou un Connaught de Bernie Ecclestone en Mónaco e pilotou un Lotus de Fórmula 2 no Gran Premio de Alemaña de 1958.

En 1959 tivo dúas saídas con BRP, na primeira non cualificou en Mónaco e a outra participación foi nun Fórmula 2 no Gran Premio do Reino Unido de 1959. En total participou en seis Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, pero non logrou puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras fora do campionato da Fórmula Un. Coa morte de Archie Scott Brown en Spa en maio de 1958, Brian Lister contratou a Bueb para encher o asento vacante no Lister - Jaguar. Bueb fixo un traballo admirable, logrando varios primeiros postos en pistas como o Crystal Palace e Goodwood durante as tempadas de autos deportivos de 1958 e 1959.

Bueb é quizais máis coñecido por compartir o equipo gañador de Jaguar D-type con Mike Hawthorn nas 24 Horas de Le Mans de 1955, o cal quedou eclipsado polo accidente no que morreron 82 espectadores; un éxito que repetiu con Ron Flockhart no coche de Ecurie Ecosse en 1957.[2][3][4] Sufriu feridas graves en 1959 cando estrelou o seu coche BRP de Fórmula 2 no Circuíto de Charade preto de Clermont-Ferrand, Francia.[1] Estrelouse en Gravenoire e saíu expulsado do seu Cooper.[1] Morreu seis días despois nun hospital preto do circuíto.[1]

Foi a morte de Ivor Bueb, xunto co falecemento de Archie Scott Brown, o que finalmente levou a Brian Lister a pechar o seu exitoso intento nas carreiras de coches deportivos.

Resultados Completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos
1957 Connaught Engineering Connaught
Type B
Alta 4 en liña ARX MON
Ret
500 FRA NC 0
Gilby Engineering Ltd. Maserati 250F Maserati 6 en liña GBR
NC
ALE PES ITA
1958 BC Ecclestone Connaught
Type B
Alta 4 en liña ARX MON NED 500 BEL FRA GBR
Ret
NC 0
Ecurie Demi Litre Lotus 12 Climax 4 en liña ALE
11 *
POR ITA MOR
1959 British Racing Partnership Cooper T51 Climax 4 en liña MON
NSC
500 NED FRA NC 0
Borgward 4 en liña GBR
13 *
ALE POR ITA USA
Fonte:[5]

* Participou cun Fórmula 2.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ivor Bueb at Motorsport Memorial". motorsportmemorial.org. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  2. "Scots win at Le Mans. Jaguars in First Four Places". The Glasgow Herald. 24 de xuño de 1957. p. 7. Consultado o 11 de outubro de 2017. 
  3. "1955 24 Hours of Le Mans results". racingsportscars.com. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  4. "1957 24 Hours of Le Mans results". racingsportscars.com. Consultado o 9 de abril de 2017. 
  5. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 87. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]