Circuíto de Aintree

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuíto de Aintree
Plano do Circuíto
Trazado do circuíto
Datos
Inauguración 1954
Outros nomes
Carreiras Gran Premio do Reino Unido
Gran Premio de Europa
Localización Reino Unido Reino Unido Aintree, Merseyside
Capacidade
Lonxitude 4´828 km.
Curvas 8
Volta rápida (1962) 1:55.0
Piloto récord Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark
Escudería récord Lotus 25 Climax
Coordenadas 53°28′37″N 2°56′26″O / 53.47694, -2.94056
Vista do Circuíto
[[Ficheiro:|330px|Vista]]


O Circuíto de Aintree é un circuíto de carreiras automobilísticas de 4.828 m., situado en Aintree, preto de Liverpool, Inglaterra. O circuíto está situado dentro do famoso Hipódromo de Aintree e usou as mesmas tribunas que as carreiras de cabalos. Construído en 1954 como o "goodwood do Norte", de aí o feito de que os dous lugares teñan tantas cousas en común. A pista está ben asfaltada e é relativamente plana, de 15 a 30 metros de altura.

Historia[editar | editar a fonte]

Aintree acolleu en cinco ocasións o Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 nas tempadas 1955, 1957, 1959, 1961, e 1962.

Ademais dos Grands Prix, o circuíto tamén celebrou once carreiras de Fórmula 1 fora do campionato, coñecido como Aintree 200, gañado por primeira vez por Stirling Moss en 1954 e o último ganador foi Jack Brabham, en abril de 1964 (Brabham fixera o seu debut na Fórmula Un no circuíto no GP británico de 1955). Aintree era a localización para a famosa carreira en 1955 na que Stirling Moss gañou o seu primeiro Gran Premio británico, pilotando un Mercedes. Dous anos despois, el e Tony Brooks (compartindo o Vanwall) convertéronse nos primeiros pilotos británicos en gañar tanto o Gran Premio do Reino Unido como nunha rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1, pilotando un coche británico, un Vanwall. O Gran Premio do Reino Unido de 1957 tamén levaba o título de Gran Premio de Europa e foi o primeiro evento de Fórmula 1 da tempada, con 150.000 espectadores.

O circuíto completo do Gran Premio rodouse por última vez en 1964, pero parte del (os 2´47 km do Circuíto de Club) aínda está aberto e usouse para competir ata principios dos 80, que foi xestionado polo Aintree Circuit Club desde mediados dos anos sesenta ata finais dos noventa. Na década de 1980 o 108 Car Club (St. Helens) trouxo os rally de volta ao Circuíto de Aintree revitalizando o uso de circuítos con ideas novas e innovadoras. Unha cantidade limitada de deportes de motor continúa hoxe na forma de sprints de coches, días de pistas abertas e de competicións motociclistas no circuíto club.

Os eventos de motociclismo son organizados por Aintree Motor Cycle Racing Club, que executa seis eventos en Aintree cada ano.

Os eventos de coches son organizados polo Liverpool Motor Club en forma de tres sprints, en abril, xuño e setembro e dous días de pista en maio e outubro no circuíto club. Nick Algar, o campión británico do Sprint 2010, fixou un novo récord da pista con 35.82 segundos no curso do sprint de 1847 metros o 26 de xuño de 2010 nun 3500cc Gould Gould. O récord foi fixado previamente por Roy Dawson o 8 de setembro de 2007 no mesmo coche, nun tempo de 36.03 segundos. A velocidade de Nick Algar a través da trampa de velocidade da liña de meta foi de 276´807 km., aínda que logrou unha velocidade de 283´245 km. nunha carreira cronometrada anterior ese día.

Ademais, o circuíto club ten un uso ocasional acollendo acontecementos tales como carreiras de coches eléctricos para escolas,[1] ou os paseos que organiza o Sporting Bears Motor Club con fins benéficos[2] e tamén carreiras de bicicletas. O Circuíto Club está situado dentro do Aintree Grand National Course que a súa vez, contén un campo de golf público de nove buracos operado por Aintree Racecourse.

Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Aintree[editar | editar a fonte]

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1955 Flag of the United Kingdom.svg Stirling Moss Mercedes 3:07'21.2 h 4´828 Km. 90 139´155 km/h 16. xullo Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
1957 Flag of the United Kingdom.svg Tony Brooks Vanwall 3:06'37.8 h 4´828 Km. 90 139´695 km/h 20. xullo
1959 Australia Jack Brabham Cooper-Climax 2:30'11.6 h 4´828 Km. 75 144´653 km/h 18. xullo
1961 Alemaña Wolfgang von Trips Ferrari 2:40'53.6 h 4´828 Km. 75 135´034 km/h 15. xullo
1962 Flag of the United Kingdom.svg Jim Clark Lotus-Climax 2:26'20.8 h 4´828 Km. 75 148´456 km/h 21. xullo

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]