Barclay Vincent Head
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1844 Ipswich, Reino Unido (pt) |
Morte | 12 de xuño de 1914 (70 anos) Londres, Reino Unido |
Vicepresidente Royal Numismatic Society | |
1908 – valor descoñecido | |
Vicedirector Numismatic Chronicle | |
1869 – 1910 | |
Datos persoais | |
Educación | Ipswich School |
Actividade | |
Ocupación | numismático, historiador da arte |
Empregador | Museo Británico |
Membro de | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of National Biography, third supplement (en) |
Barclay Vincent Head, nado na localidade inglesa de Ipswich, no condado de Suffolk, o 2 de xaneiro de 1844, e finado en Londres o 12 de xuño de 1914, foi un historiador e un numismático inglés.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Barclay Vincent Head fixo os seus estudos na Escola de Gramática de Ipswich e en 1864, aos 20 anos, e ingresou como auxiliar no Museo Británico.
En 1908 foi elixido vicepresidente da Royal Numismatic Society.
Entre 1869 e 1910 exerceu como adxunto á dirección da redacción da revista Numismatic Chronicle, e nese período casou con mary Harley Corkran.
Xa como conservador do Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, de 1893 a 1906, o seu traballo principal está representado polos Catalogues of Greek Coins in the British Museum ("Catálogos de Moedas Gregas no Museo Británico"), aos que contribuíu en 8 dos 10 volumes de que se compón (publicados entre 1873 e 1906). Esta publicación está considerada como o elemento básico para o estudo da moeda da Antiga Grecia.
En 1887 publica a súa obra Historia Numorum, reeditada aumentada en 1911, considerada como a súa achega máis importante ao terreo da numismática e unha guía fundamental para os arqueólogos e investigadores ata o momento pouco introducidos nesa discipilina.
Aínda que Head se xubilou en 1905, o seu labor foi continuado por George Hill, que chegou a ser director do Museo Británico. Na súa carreira, Head acadou títulos honorarios polas universidades de Oxford, Durham e Heidelberg.[3]
Foi tamén correspondente do Institut de France, da Academia Prusiana das Ciencias e da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres de París; esta última recoñeceuno en dúas ocasións co seu premio Hallier de Hauteroche: en 1875, polo seu estudo sobre a cronoloxía das moedas de Siracusa, e en 1879, pola súa obra sobre a moeda de Lidia e Persia.[4]
En 1907 foi recoñecido coa medalla da Royal Numismatic Society de Londres.[5][6]
En 2001, publicouse unha edición ampliada de Historia Numorum só para a moeda grega de Italia.[7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha listaxe da bibliografía de Head publicada na revista Numismatic Chronicle en 1914.[8]
Libros e catálogos
[editar | editar a fonte]- British Museum: Guide to the Select Greek Coins exhibited in electrotype in the Gold Ornament Room. 1872.
- British Museum Catalogue, Italy (con R. S. Poole e P. Gardner). Londres, 1873.
- British Museum Catalogue, Sicily (con R. S. Poole e P. Gardner). Londres, 1876.
- British Museum Catalogue, Thrace (con P. Gardner). Londres, 1877.
- The Coinage of Lydia and Persia [serie International Numismata Orientalia, parte 3], 1877.
- British Museum Catalogue, Macedonia. Londres, 1879.
- British Museum: Guide to the Select Greek and Roman Coins exhibited in electrotype. 1880.
- British Museum: Guide to the Principal Gold and Silver Coins of the Ancients from circ. 700 B.C. to 1 A.D. 2ª edición. Londres, 1881.
- British Museum Catalogue, Central Greece. Londres, 1884.
- Historia Numorum, a Manual of Greek Numismatics. Oxford, 1887.
- British Museum Catalogue, Attica, Megaris, Aegina. Londres, 1888.
- British Museum Catalogue, Corinth and her Colonies. Londres, 1889.
- British Museum Catalogue, Ionia. Londres, 1892.
- British Museum Catalogue, Caria. Londres, 1897.
- British Museum: Guide to the Department of Coins and Medals in the British Museum. Londres, 1901.
- British Museum Catalogue, Lydia. Londres, 1902.
- British Museum Catalogue, Phrygia. Londres, 1906.
- Historia Numorum, a Manual of Greek Numismatics. New and enlarged edition. Oxford, 1911.
Artigos
[editar | editar a fonte]- "Account of the Hoard of Anglo-Saxon Coins found at Chancton Farm, Sussex". En Numismatic Chronicle (1867).
- "Anglo-Saxon Coins with Runic Legends" (1868).
- "Notes on Ilion, numismatical and historical" (1868).
- "On some rare Greek Coins recently acquired by the British Museum" (1871).
- "Greek autonomous Coins from the Cabinet of the late Mr. Edward Wigan" (1873).
- "History of the Coinage of Syracuse" (1874).
- "Metrological Notes on ancient electrum Coins". En Numismatic Chronicle (1875).
- "Notes on a recent Find of Staters of Cyzicus and Lampsacus". En Numismatic Chronicle (1876, 1877).
- "Notes on Magistrates’ Names on Autonomous and Imperial Greek Coins". En Numismatic Chronicle (1877).
- Tradución de Ernst Curtius "On the Religious Character of Greek Coins" (1878).
- "Himyarite and other Arabian Imitations of Athenian Coins". En Numismatic Chronicle (1878).
- "On an unpublished archaic Tetradrachm of Olynthus". En Numismatic Chronicle (1878).
- "Note on a Find of Sicilian Copper Coins struck about the year 344 B.C.". En Numismatic Chronicle (1879).
- "Origin and Transmission of some of the principal Ancient Systems of Weight". En Journal of the Institute of Bankers (1879).
- "A Himyaritic Tetradracm and the Trésor de San'â". En Numismatic Chronicle (1880).
- "History of the Coinage of Ephesus". En Numismatic Chronicle (1880, 1881).
- "Chronological Sequence of the Coinage of Boeotia". En Numismatic Chronicle (1881).
- "The Coins of Ancient Spain". En Numismatic Chronicle (1882).
- "Coinage of Alexander: an explanation". En Numismatic Chronicle (1883).
- "Remarks on two Unique Coins of Aetna and Zancle". En Numismatic Chronicle (1883).
- "Greek and Roman Coins". En L. Jewitt’s. English Coins and Tokens (1886).
- "The Coins found at Naukratis. En W. M. F. Petrie’s Naukratis. Egypt Exploration Fund (1886).
- "Coins discovered on the site of Naukratis (reprint of the preceding, with introductory remarks)". En Numismatic Chronicle (1886).
- "Electrum Coins and their Specific Gravity". En Numismatic Chronicle (1887).
- "Germanicopolis and Philadelphia in Cilicia". En Numismatic Chronicle (1888).
- "Notanda et Corrigenda. I. Ν or Μ on Athenian Coins. II. Two misread coins of Ephesus. III. Philadelphia Lydiae. IV. Lydian Gold Coinage". En Numismatic Chronicle (1889).
- "Apollo Hikesios". En Journal of Hellenic Studies (1889).
- "Archaic Coins probably of Cyrene". En Numismatic Chronicle (1891).
- "Coins recently attributed to Eretria". En Numismatic Chronicle (1893).
- "The Initial Coinage of Athens". En Numismatic Chronicle (1893).
- "The Earliest Graeco-Bactrian and Graeco-Indian Coins". En Numismatic Chronicle (1906).
- "Ephesian Tesserae". En Numismatic Chronicle (1908).
- "British Museum: Coins discovered in the British Museum Excavations at Ephesus". The Archaic Artemisia (1908).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Barclay Vincet Head.: Authority on Numismatics and Author Dies in London". En The Times, 13 de xuño de 1914. Páxina 5.
- ↑ Reppeteau, L. V. "Have you Checked Head's". En The Asylum, Qarterly Journal of the Numismatic Bibliomania Society. Vol. IX. Nº 4. Fall, 1991.
- ↑ "Head, Barclay Vincent Arquivado 11 de outubro de 2018 en Wayback Machine.". En Sorensen, Lee (ed.). Dictionary of Art Historians.
- ↑ Chatelain, E. "Éloge funèbre de M. Barclay Vincent Head, correspondant étranger de l'Academie". En Comptes rendus des séances de l'Académie des Inscriptions et Belles-Lettres (1914). 58-4. Páxinas 427-428.
- ↑ Listaxe de gremiados, na web oficial da Royal Numismatic Society.
- ↑ "Proceedings of the Royal Numismatic Society". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Vol 7 (1907) Páxinas 1-48.
- ↑ Rutter; Burnett; Crawford; Johnston; M. J. Price. Historia Numorum Italia. The British Museum Press. Londres, 2001
- ↑ "Bibliography of Head’s works". Numismatic Chronicle, 1914.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Barclay Vincent Head |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Rutter, N. K. (2013). "Barclay Vincent Head (1844-1914) Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.". En Compte Rendu 60. Numismatic International Council. Páxinas 25-37.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Frowde, Henry. Corolla numismatica: Numismatic essays in honour of Barclay V. Head. Oxford University Press, 1906.
- Historia Numorum, a Manual of Greek Numismatics. Oxford, 1911 (edición dixital en liña).
- Biografía de Barclay Vincent Head Arquivado 03 de agosto de 2019 en Wayback Machine.. Consello Internacional de Numismática.