Baíña, Baiona
Baíña | |
---|---|
Igrexa de Santa Mariña de Baíña. | |
Concello | Baiona[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′33″N 8°51′32″O / 42.1091032, -8.8589569 |
Poboación | 1749 hab. (2015) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Mariña de Baíña é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Belesar, Baredo, Santa Cristina da Ramallosa e Baiona e pertence á comarca do Val Miñor e ó arciprestado de Miñor.
Segundo o IGE [2], tiña 1749 veciños en 2015 e os seus lugares máis destacados son: O Burgo (518), O Cruceiro (178), Os Eidos (150), As Fontes (231), A Igrexa (121), As Laxes (442), O Río (104) e San Cosme (5). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós, Almirante Fontán (253) e Santa Marta (331).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Existen petróglifos en puntos moi diversos, algúns obsérvanse a simple vista, como os do Outeiro dos Lameiros e os da ermida de Santa Marta. Moitos outros atópanse semienterrados e non divulgados para os protexer dos estragos humanos. Tamén se conservan os restos dunha calzada romana e restos dun poboado castrexo na península de Santa Marta.
O nome da parroquia aparece documentado na Idade Media como Vayna. Pertenceu ao mosteiro de Oia até 1482, e daquela agregouna a Baiona o bispo de Tui Diego de Muros.
Dispón de fragas autóctonas á beira do río, de rutas rurais sinalizadas e de varios muíños restaurados. A uns minutos do *merendoiro da Chan da Lagoa, existen restos de muros, de pontes e de vivendas do poboado medieval de San Cosme, referente histórico para Baíña e do que hai lendas vivas coma a da Fonte Santa. Na península de Santa Marta existe unha ermida que queimou e profanou o pirata Francis Drake, quen se hospedou nesta parroquia antes de tentar conquistar Baiona. Posteriormente, a veciñanza reconstruíu esta ermida.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Espadana da igrexa.
-
Igrexa e palco.
-
Lateral da igrexa parroquial.
-
O palco ten a inscrición MCMXXI.
-
Escudo nun dos contrafortes da ábsida da igrexa parroquial.
-
Porta da igrexa parroquial
-
Cabalos no monte de Baíña.
-
Sinal
-
Escultura de Soledad Penalta Lorenzo, en Santa Marta.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Baíña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Baíña no concello de Baiona (Pontevedra) | |
---|---|
O Burgo | O Cruceiro | Os Eidos | As Fontes | A Igrexa | As Laxes | O Río | San Cosme | Santa Marta |
Parroquias de Baiona
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 24-02-2021. Consultado o 27-7-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baíña, Baiona |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santa Mariña de Baíña e o Eremitorio de San Cosme, 2008, Comunidade de Montes de Baíña. De Juan Ramón Martínez Barbosa e Xoán Martínez Tamuxe.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Descrición na páxina da diocese de Tui-Vigo.