Saltar ao contido

Península de Santa Marta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPenínsula de Santa Marta
Imaxe
Tipopenínsula Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBaíña, España Editar o valor en Wikidata

A península de Santa Marta atópase na parroquia de Baíña, no concello pontevedrés de Baiona.

Capela de Santa Marta.

Consérvanse petróglifos do neolítico e restos dun poboado castrexo da idade de ferro. No século XV construíuse unha ermida de estilo románico, que foi posteriormente reformada. No ano 1585 desembarcou na península o pirata Francis Drake coa intención de conquistar Monterreal, e incendiou a capela.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Praia de Santa Marta.

A península atópase entre o porto de Baiona e a frecha litoral da Ladeira. Comprende unha praia con Bandeira Azul chamada Areal de Santo Estevo, aínda que comunmente se lle chama Praia de Santa Marta.[2]

Festas na honra de Santa Marta

[editar | editar a fonte]

Todos os anos se festexa a romaría de Santa Marta o día 15 de agosto. Conta cunha novena e cunha procesión con moitos devotos na zona polos seus milagres.

  1. Turgalicia. "Capela de Santa Marta de Baíña". Consultado o 29/10/2014. 
  2. Turgalicia. "Santa Marta, praia". Consultado o 30/10/2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]