Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°06′37″N 8°49′13″O / 42.11028, -8.82028

Sabarís
Santa Cristina de Ramallosa.jpg
Igrexa parroquial que se atopa en Sabarís.
ParroquiaSanta Cristina da Ramallosa
ConcelloBaiona
Poboación387 hab. (2013)

Sabarís é un lugar da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona. No ano 2013 tiña 387 habitantes (185 homes e 202 mulleres).

Toponimia[editar | editar a fonte]

Segundo Elixio Rivas Quintas[1], o topónimo Sabarís é de orixe xermánica, a través de (Villa) Sabaricii. Sabaricii deriva de Sabaria (lugar) + ric ou rik (xefe) + o xenitivo -ii (pertencente a); o significado de Villa Sabaricii era "Vila do Xefe de Sabaria". A rexión de Sabaria estaba situada entre as actuais provincias de Zamora e Valladolid. No ano 573 o rei visigodo Leovixildo conquistou a zona aos suevos, que se refuxiaron noutras áreas do Reino de Galicia.[Cómpre referencia]

Segundo José de Santiago y Gómez[2] a orixe toponímica de Sabarís é anterior á ocupación sueva e relaciónase coas poboacións gregas que xunto ás autóctonas celtas fundaron colonias nas costas occidentais de Galicia[3]. Segundo este autor, os focenses, que foron os que máis exploraron as costas da península, deron o nome de Sabarís a un lugar inmediato a Adobriga (Baiona), derivado de Sybaris, colonia grega da costa do mar Mediterráneo, pola fertilidade do Val Miñor e a semellanza á cidade de Lucania, que deu nome aos sibaritas, e trala destrución da cal os seus moradores fundaron varias colonias na península Itálica e a península Ibérica.

Xentilicio[editar | editar a fonte]

Co sufixo -ense pode formarse o xentilicio culto de xénero neutro sabaricense, máis propio para designar o patrimonio ca as persoas.[4]
Cos sufixos -ino/-ina e -eño/-eña fórmanse os xentilicios sabarisino/-ina e sabariseño/-eña. O primeiro ten unha implantación máis antigua en Galicia ca o sufixo -eño, mais os habitantes da parroquia móstranse reticentes a utilizar a primeira variante, sendo máis común a segunda que ademais está en consonancia co xentilicio gondomareño/-a utilizado para os habitantes de Gondomar, localidade situada a 4 quilómetros e con topónimo tamén de orixe xermánica.[Cómpre referencia]

Feira[editar | editar a fonte]

En Sabarís celébrase unha importante feira todos os luns dende hai máis dun século.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Elixio Rivas. "Historia". Consultado o 27/10/2014. 
  2. de Santiago Gómez, José (1896): Historia de Vigo y su comarca.
  3. Lucas Vidal Rouco. Desenvolvimiento urbano de Sabarís. Lic. Arquitectura, Escuela Superior Gallaecia. V.N. Cerveira, 2004
  4. Elías Domínguez Prieto. Xentilicios do Concello de Laza. Ourense, 2003

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Santa Cristina da Ramallosa[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Santa Cristina da Ramallosa no concello pontevedrés de Baiona

As Areas | Bouzos | O Caeiro | O Cruceiro Novo | Devesa | Ladeira | Morade | O Outeiro | A Ponte | A Ponte Nova | A Ramallosa | A Ribeira | Sabarís | A Serralleira | Sopegal | Viso de Calvos | O Xuncal

Parroquias de Baiona[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)