Belesar, Baiona
| Belesar | |
|---|---|
Igrexa de San Lourenzo. | |
| Concello | Baiona[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°05′33″N 8°49′33″O / 42.09252194, -8.82596197 |
| Poboación | 1185 hab. (2013) |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Lourenzo de Belesar é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Baíña e Santa Cristina da Ramallosa, e pertence ao arciprestado de Miñor. Segundo o IGE, no ano 2013, tiña 1185 veciños (581 homes e 604 mulleres), repartidos en 4 entidades de poboación: A Estibada (93), A Granxa (168), Medialdea (489) e Urgal (435).[2]
Xentilicio
[editar | editar a fonte]O seu xentilicio, de orixe castelanizante, é belesareño[3].
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Entre os seus monumentos destaca o miradoiro do Cortelliño, na serra da Groba, desde o que se ven as Rías Baixas.
O contorno desta serra está cheo de camiños empedrados e sendeiros rurais. Ademais consérvanse varios núcleos de petróglifos datados na Idade de Bronce.
Está atravesado polo río da Groba.
A festa da parroquia é o 10 de agosto, na honra de San Lourenzo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Belesar
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Belesar no concello de Baiona (Pontevedra) | |
|---|---|
|
A Estivada | A Granxa | A Medialdea | O Urgal |
Parroquias de Baiona
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona | |
|---|---|
|
Baíña (Santa Mariña) | Baiona (Santa María) | Baredo (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina) |
Notas
[editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ IGE. "Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 24/02/2021. Consultado o 17/12/2014.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 27. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Belesar, Baiona |