Erizana Club de Fútbol
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Erizana | |
---|---|
Nome | Erizana Club de Fútbol |
Alcume(s) | "Eri ", "Erisana" |
Fundación | 1950 |
Estadio | Val de Martín,100 x 66 Baredo, Baiona, Galicia |
Inauguración | 1994 |
Capacidade | 700 |
Presidente | Manuel Ramón Goce Ratel |
Adestrador | Rafa Vazquez Pereira |
Liga | 1ª Autonómica – Grupo 5 |
2017–18 | 18º (Preferente – Grupo Sur) |
Vestimenta | Mass |
Patrocinador | Aceites ABRIL |
Na rede | |
http://erizanacf.com | |
O Erizana Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Baiona. Xoga de local no campo de Val de Martín e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]O Erizana comezou a súa andaina en 1950 da man dos seus fundadores, o padre Fernando Muñoz Arosa e Victorino Goce Carballo. O club federouse en 1951 co nome de CF Xuvenil Erizana, e comezou a competir no campionato de zonas, onde acadou varios campionatos e copas. Os seus primeiros partidos xogounos no campo da Palma, mais trala construción do Parador de Turismo Conde de Gondomar o club viuse obrigado a disolverse en 1965.
En 1977, coa construción do campo de Santa Marta, na praia da Ladeira, o club volveu á competición co nome de Trueno de Baiona, baixo a presidencia de José María Besada. Ao ano seguinte o equipo retomou o nome de Erizana CF. No ano 1981 debuta na Rexional Preferente onde se mantivo tres tempadas, acadando o 4º posto como mellor posición. Na tempada 1990-91, xogou unha promoción contra o Rápido Bahía que perdeu, ficando ás portas do ascenso a Preferente.
No ano 1994 inaugurouse o estadio Val de Martín (Baredo), cun partido fronte á SD Compostela, e no 2005 inaugurouse o campo de Aral-Fontiñas.
No 2013 o equipo xogou a Final da Copa Deputación contra o CD Lalín, no campo de Pasarón, que perdeu nos penaltis. Na tempada 2014-15 volveu xogar na Preferente, aínda que descendeu esa tempada polos arrastres dos equipos descendidos de Terceira División. Na tempada 2015-16 acadou o ascenso a Preferente.
Historial
[editar | editar a fonte]
|
Títulos
- Primeira Autonómica: 1 Liga (2015-16).
- Segunda Autonómica: 2 ligas (1995-96 e 2011-12) e 1 Copa (1990).
- Tercéira Autonómica: 3 ligas (1988-89, 2000-01, 2006-07) e 2 Copas (2001 e 2007).
- 2 ligas Comarcáis (1951-52 e 1964-65).
- 1 liga de Priméira Comarcal (1979-80).
- 1 liga de Segunda Comarcal (1978-79).
- 2 ligas de Zonas (1953 e 1954).
- 1 Copa de Zonas (1963).
- 1 Copa de Campións (1957).
Presidentes
[editar | editar a fonte]
|
|
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]