Río Miñor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Miñor
Puente romanico.jpg
Ponte da Ramallosa, no río Miñor..
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra do Galiñeiro
Altitude400 msnm
Lonxitude16 Km
DesembocaduraBaía de Baiona

O Miñor é un río pequeno, de 16 km de lonxitude, que morre na estrema común dos concellos de Nigrán e Baiona, entre as parroquias de Santa Cristina da Ramallosa e San Pedro da Ramallosa.

En Ramallosa ten unha importante ponte do románico tardío que une os concellos de Baiona e Nigrán.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace na serra do Galiñeiro, a 400 m de altitude. Decorre polo val do seu mesmo nome: o Val Miñor, que ademais dos concellos mencionados comprende o de Gondomar, en cuxo territorio ten o nacente este río.

A súa desembocadura é unha marisma, A Ramallosa, que está dentro da rede Natura 2000, polo seu alto valor ecolóxico, debido especialmente á variedade ornitolóxica que presenta.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]