Casa da Navegación
| Casa da Navegación | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Baiona | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
| Localización | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
|
Teléfono
| |||||||||||
|
Correo
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
A Casa da Navegación é un espazo expositivo de titularidade municipal do concello de Baiona, na provincia de Pontevedra.
Descrición
[editar | editar a fonte]O museo, proxecto que comezou no ano 2009, costeado pola Deputación provincial de Pontevedra e o concello de Baiona, foi inaugurado o 1 de marzo de 2015 por representantes doutras dúas institucións: o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e a daquela ministra de Fomento, Ana Pastor Julián[1][2]
O edificio, a Casa María Carvajal,[3] que anteriormente foi casa do concello, foi rehabilitado para o uso actual.[4] De dous andares, alberga unha colección procedente, en parte, do Museo do Mar de Galicia e o Museo Provincial de Pontevedra, onde estaba en depósito, que inclúe unha réplica feita no 2001 da Carta Puebla fundacional de Afonso IX, cartografía da colección de Román Pereiro Alonso e outros documentos, pezas arqueolóxicas (unha lauda sepulcral, unha moeda do século XIII e fragmentos de cerámica), unha maqueta da carabela Pinta feita en 1985, o robot submarino RU-27, mobiliario (entre o que destaca o arquivo do corrixidor),[5] aparellos de pesca cedidos por Remigio Leyenda, fotografías cedidas por Esperanza Fernández Vernet, instrumentos de navegación, obxectos procedentes de naufraxios, vellas lámpadas do faro Silleiro e dúas pequenas pezas de artillaría.[6]
Crítica
[editar | editar a fonte]En 2015 o Valedor do Pobo abriu un expediente por ter o museo todo o texto exposto (tanto as placas dos obxectos como os paneis de gran formato) exclusivamente en castelán e inglés, excluído a lingua galega. O concello alegou falta de espazo e que a exposición estaba orientada a un público estranxeiro.[7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Artes de pesca.
-
Baiona.
-
Afundimento do Highland Pride, 1929.
-
Butacas do Aslaug, afundido en 1929.
-
CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793. -
Paskaart
Van Gallisien en
Portugal
Van Keulen, 1654-1715
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «O presidente da Xunta preside a inauguración da Casa da Navegación de Baiona» Xunta de Galicia, 1/3/2015.
- ↑ «Baiona revive 20 siglos ligada al mar…» Faro de Vigo, 2/3/2015 (en castelán).
- ↑ En ocasións escrito Carbajal.
- ↑ «Poner en marcha el museo de la navegación de Baiona costará otros 150.000 euros» La Voz de Galicia, 12/3/2014 (en castelán).
- ↑ «Un armario con solera» Arquivado 16 de setembro de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 13/9/2003 (en castelán).
- ↑ «Los cañones del vigués Pedro Novalbos se exhiben en Baiona» Atlántico Diario, 2/3/2015 (en castelán).
- ↑ Expediente: P.1.Q/12814/15 Valedor do Pobo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa da Navegación |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museos de Galicia Xunta de Galicia.
- Turismo Rías baixas Deputación de Pontevedra.
- Inventario de materiais e inventario de pezas arqueolóxicas do proxecto, 2013, Deputación de Pontevedra (en castelán).
