Saltar ao contido

Cabo Silleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCabo Silleiro
Imaxe
Tipocabo
península Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBaredo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°06′44″N 8°53′57″O / 42.1123, -8.8993

O cabo Silleiro[1], é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.

Faro de cabo Silleiro.

Nas inmediacións hai dous fartos: O Faro Vello de cabo Silleiro, construído en 1866 e hoxe rehabilitado como cafetaría, e mais o Faro de cabo Silleiro, construído en 1924, que ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.[2]

Canón dunha das catro pezas de artillaría Vickers.

Instalacións militares

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Batería de Cabo Silleiro.

Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4,[3] con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillaría Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona.[4]

A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España[5] ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €.[4]

Mapa de 1856. No recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona" figura Cabo Silleiro ó de Cela.

Na súa costa hai moitos relevos:

  • Illas: A Carral, A Negra e A Polbeira.
  • Enseadas: Fornos, O Baleal, A Cova de Baredo (Os Loureiros), Pedra Alta e Tío Andrés.
  • Puntas: O Peso, Niño do Corvo, Os Mouróns (Petóns de Fornos), Serreira e O Monete.
  • Marcas e demais: O Lobo, O Lobiño, A Aguieira e O Cunchido.

Naufraxios

[editar | editar a fonte]

Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).[cando?][6]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ Segundo o mapa provincial de Francisco Coello e Pascual Madoz de 1856: Cabo Silleiro ó de Cela. Véxase o recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona".
  2. ↑ Autoridade Portuaria de Vigo Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  3. ↑ 42°06′33″N 08°53′35″O / 42.10917, -8.89306
  4. 1 2 Torres, Mónica (25/3/2021). "Baiona compra la batería militar de Cabo Silleiro por 370.000 euros". La Voz de Galicia (en castelán).
  5. ↑ "Los secretos subterráneos de la batería militar de Cabo Silleiro". El Mundo (en castelán). 31/1/2011.
  6. ↑ Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón; a toponimia marítima para xente miúda. Instituto de Estudos Miñoranos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]