Fernando I de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernando I
Fernando-P.jpg
Retrato de Fernando I feito no século XVII.

Rei de Portugal e dos Algarves
Rei de Galiza

Reclamou asemade todos os títulos de Henrique II de Trastámara''
18 de xaneiro de 1367— 22 de outubro de 1383
Predecesor Pedro I de Portugal
Sucesor Xoán I de Portugal

Nacemento 31 de outubro de 1345
Lisboa, Reino de Portugal
Falecemento 22 de outubro de 1383
Lisboa, Portugal
Sepultura Convento do Carmo, Lisboa, Portugal.
Cónxuxe/s Leonor Telles de Menezes
Descendencia Beatriz de Portugal
Proxenitores Pedro I de Portugal
Constanza de Peñafiel

Fernando I, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1345 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1383, foi un nobre portugués, noveno rei de Portugal. Era fillo do rei Pedro I de Portugal e súa dona, a princesa Constanza de Castela. D. Fernando sucedeu a seu pai no ano 1367 e morreu o 22 de outubro de 1383. Foi alcumado O Fermoso ou O Belo (pola beleza física que numerosas fontes atestan) e, alternativamente, como O Inconsciente ou O Inconstante (debido á súa desastrosa política exterior que levou a tres guerras coa veciña Castela, e até o perigo, logo da súa morte, de que o trono puidese recaer en mans estranxeiras).

Comezos do reinado[editar | editar a fonte]

O comezo do reinado de D. Fernando estivo marcado pola política exterior. Cando foi asasinado o rei Pedro I de Castela (1350-1369), en 1369, falece sen herdeiros directos, D. Fernando, como bisneto de Sancho IV de Castela, por vía feminina, declárase herdeiro do trono. Outros interesados eran os reis de Aragón e Navarra, ou mesmo o duque de Lencastre casado con Dª Constanza, a filla maior de Pedro de Castela. Entre tanto Henrique da Trastámara, irmán bastardo de Pedro, declarárase rei. Despois de dúas campañas militares sen éxito, as partes aceptan a intervención do papa Gregorio XI. Entre os puntos asentados no tratado de 1371, D. Fernando é prometido a Dª Leonor de Castela, mais antes que o casamento fose realizado, o rei apaixonouse por Dª Leonor Teles de Menezes, muller dun dos seus cortesáns. Logo da rápida anulación do primeiro casamento de Dª Leonor Teles, D. Fernando casa con ela. Este acto valeulle unha forte contestación interna, mais non provocou reacción por parte de Henrique de Castela, que prontamente promete a filla a Carlos III de Navarra.

Administración interior[editar | editar a fonte]

Despois da sinatura da paz con Castela, dedicouse D. Fernando á administración do reino: mandou repararen moitos castelos e construíren outros, e ordenou o erguemento de novas murallas en redor de Lisboa e do Porto. Con vistas ao desenvolvemento da agricultura promulgou a Lei das Sesmarías. Por esta lei impedíase deixar a poula as terras susceptíbeis de aproveitamento e procurábase aumentar o número de brazos dedicados á agricultura.

Durante o reinado de D. Fernando ampliáranse, tamén, as relacións mercantís con o estranxeiro, relatando o cronista Fernão Lopes a presenza en Lisboa de numerosos mercadores de diversas nacionalidades. O desenvolvemento da mariña foi, por isto, moi apoiado, tendo o rei tomado varias medidas dignas de notarse, tales como: autorización do corte de madeira nas fragas reais para a construción de navíos a partir de certa tonelaxe; isenzón total de dereitos sobre a importación de ferros e pertrechos para navíos; isenzón total de dereitos sobre a adquisición de navíos xa feitos; etc. Moi importante, sen dúbida, foi a creación da Compañía das Naos (Companhia das Naus), na cal todos os navíos tiñan que ser rexistrados, pagando unha porcentaxe das ganancias de cada viaxe para a caixa común da compañía. Servían despois estes fondos para pagar os danos de navíos que afundisen ou sufrisen avarías.

A partir do casamento, D. Leonor Teles tornárase cada vez máis influente no rei, revelando a súa intervención política nas relacións exteriores, e ao mesmo tempo cada vez máis impopular. Aparentemente, D. Fernando mostrouse incapaz de manter unha dirección forte e o ambiente político interno resentíuse diso, con intrigas constantes na corte. En 1382, no fin da guerra con Castela, estipulouse que a única filla lexítima de D. Fernando, Beatriz de Portugal, casase con o rei Xoán I de Castela. Esta opción significaba a anexión futura de Portugal e non foi ben recibida pola clase media e parte da nobreza portuguesa.

Problemas sucesorios[editar | editar a fonte]

Cando D. Fernando morre, no 1383, a liña da dinastía de Borgoña chega a fin. Dª Leonor Teles é nomeada rexente en nome da filla e de Xoán I de Castela, mais a transición non será pacífica. Respondendo aos chamamentos de gran parte dos portugueses para manter o país independente, D. Xoán, mestre de Aviz e irmán bastardo de D. Fernando, declarouse rei de Portugal. O resultado foi a crise de 1383-1385, un período de interregno, onde o caos político e social dominou. D. Xoán tornouse no primeiro rei da Dinastía de Aviz en 1385.

Os restos mortais de Fernando I estiveran no Convento de San Francisco de Santarém. Despois, foran trasladados para o Convento do Carmo en Lisboa.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Fernando I de Portugal
Nacemento: 31 de Outubro 1345 Falecemento: 22 de Outubro 1383


Títulos Reais
Precedido por
Pedro I de Portugal


Rei de Portugal e dos Algarves
1345–1383
Sucedido  por
Crise entre 1383-1385
Beatriz (de jure)
Despois de 1385
Xoán I de Portugal
Precedido por
Pedro I de Castela


Rei de Galiza
1369–1371
Sucedido  por
Henrique de Trastámara

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]