Saltar ao contido

Jesús Vázquez Almuíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJesús Vázquez Almuíña

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Baiona Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Baiona
2023 
 Carlos Gómez Prado
Presidente Autoridade Portuaria de Vigo
2020 – 2023
 Henrique López Veiga
Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia
2015 – 2020
 Rocío MosqueraJulio García Comesaña 
Alcalde de Baiona
2004 – 2015
 Luis Carlos de la PeñaÁngel Rodal Almuíña  Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Baiona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Jesús Vázquez Almuíña, chamado Sito, nado en Baiona en 1962,[1] é un médico e político galego, que foi conselleiro de Sanidade de 2015 a 2020 e alcalde de Baiona de 2004 a 2015 e de novo desde 2023.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como médico dende o comezo da súa carreira profesional no policlínico de Povisa, en Vigo. Entre 1994 e 1996 accedeu a unha praza en Segovia, pero en 1997 volveu a Vigo e en 1998 pasou a traballar no Hospital do Meixoeiro de Vigo. En 2001 foi nomeado director-xerente dese hospital e en 2003 pasou a ser director provincial do SERGAS en Pontevedra.

Cabeza de lista polo Partido Popular de Galicia nas municipais de 2003 en Baiona, o seu partido sufriu un revés ao baixar dous concelleiros e perder a alcaldía. Porén, en novembro de 2004, e grazas ao apoio de Coalición Miñorana e dos Veciños Independentes de Baiona, accedeu á alcaldía mediante unha moción de censura.[2] En 2007 revalidou a vitoria electoral, aumentou tres concelleiros, e chega a pacto coa Coalición Miñorana para manterse na alcaldía. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, agora con maioría absoluta. Nas municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta.[3]

Ademais, dende xuño de 2003 foi deputado na Deputación de Pontevedra.

En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Sanidade,[4] e o seu curmán, Ángel Rodal Almuíña tomou o relevo na alcaldía de Baiona.[5] Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2016. En xaneiro de 2017 renunciou ao seu cargo de deputado no Parlamento de Galicia.[6]

En setembro de 2020 Alberto Núñez Feijóo prescindiu del na formación do novo goberno que seguiu ás eleccións galegas dese ano, durante a pandemia da COVID-19.[7]

Dende novembro de 2020 a 2023 foi o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo.[8] En 2023, presentouse de novo como candidato á alcaldía e conseguiu a maioría absoluta.[9]

  1. Redacción (7 de setembro de 2020). "Jesús Vázquez Almuíña cierra su ciclo como conselleiro de Sanidade". asomega.es (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2022.
  2. "El popular Vázquez Almuiña, nuevo alcalde de Baiona al prosperar la moción de censura contra el socialista De la Peña". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2005. Consultado o 11 de decembro de 2011.
  3. Redacción (2015-06-14). "Almuiña asume su cuarto mandato con el objetivo de luchar contra el paro". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2026-02-10.
  4. Redacción (2015-10-04). "Núñez Feijoo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno". Praza Pública. Consultado o 2026-02-10.
  5. Torres, Mónica (2015-10-27). "«Confiad en mí para llegar a puerto como hace 522 años lo hizo Pinzón»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2026-02-10.
  6. "AMP.- Renuncian á súa acta de deputado os conselleiros de Facenda, Infraestruturas, Cultura, Sanidade e Medio Rural". Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2021. Consultado o 29 de xaneiro de 2017.
  7. Rodríguez Vázquez, Rubén (7 de setembro de 2020). "El Covid-19 y los líos del Sergas ‘quemaron’ a Vázquez Almuíña". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 19 de abril de 2022.
  8. Galicia, elDiario es (2020-11-19). "El exconselleiro de Sanidade Vázquez Almuiña sustituirá a López Veiga al frente de la Presidencia del Puerto de Vigo". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2021-05-23.
  9. Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 2 de decembro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Luis Carlos de la Peña
 
Alcalde de Baiona
 
2004 - 2015
Sucesor:
Ángel Rodal Almuíña
Predecesor:
Rocío Mosquera
 
Conselleiro de Sanidade
 
2015 - 2020
Sucesor:
Xulio García Comesaña
Predecesor:
Henrique López Veiga
 Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo 
2020 - 2023
Sucesor:
Carlos Botana Lagarón
Predecesor:
Carlos Gómez Prado
 
Alcalde de Baiona
 
2023 -
Sucesor:
'