Saltar ao contido

Almanzor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlmanzor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 938 Editar o valor en Wikidata
Alxeciras, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de agosto de 1002 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Medinaceli, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMedinaceli Editar o valor en Wikidata
Hájibe (pt) Traducir
978 – 1002
← Al-Mushafî (en) TraducirAbd al-Malik al-Muzaffar (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMedina Alzahira (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, comandante Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBattle of Rueda (en) Traducir
Batalha de Cervera (pt) Traducir
Sack of Barcelona (en) Traducir
Battle of Torrevicente (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeUrraca Sánchez de Pamplona (983–)
Asma Bint Ghalib (978–)
valor descoñecido (977–)
Oneca of Castile Editar o valor en Wikidata
Parellasen valor Editar o valor en Wikidata
FillosAbd al-Malik al-Muzaffar
 () Urraca Sánchez de Pamplona
Abd al-Rahman ibn Muhammad ibn Abi Amir Sanchol
 () Urraca Sánchez de Pamplona Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
The Nuttall Encyclopædia >>>:Almansur, Abu Mohammed
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX826861
Estatua de Almanzor colocada en Alxeciras no verán de 2002, en conmemoración dos mil anos do seu falecemento.

Almanzor, ou Abu Amir Muhamad "Al-Mansur bi-Allah", nado en Torrox no 938 e finado en Medinaceli o 10 de agosto de 1002, foi un xeneral do califato de Córdoba e o virtual gobernante de Al-Andalus durante a segunda metade do século X.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Almanzor era membro dunha familia árabe de orixe iemení, con posesións preto de Alxeciras. Trasladouse moi novo a Córdoba para estudar xurisprudencia e literatura. Iniciou a súa carreira política como secretario do qadí Ibn al-Salim. As súas capacidades leváronmo a ser nomeado administrador da sultá Subh, de orixe navarra, e despois titor de Hisam. A morte prematura do califa Al-Hakam II puxo no poder ao seu sucesor Hisam, con só 11 anos.

Almanzor é nomeado entón visir e titor do califa mozo, o que o leva a se enfrontar con Al-Mushafí, verdadeiro director da política de palacio. Co apoio do seu sogro, o xeneral Galib, consegue que o califa lle outorgue publicamente os poderes absolutos do goberno, ao nomealo hajib, ou mordomo do pazo, que viña a ser como primeiro ministro, adicándose o califa á vida piadosa. Estamos no ano 978 e despois se desfacía do seu sogro Galib, traendo tropas dende África, para substituílas polas de Galib, e instauralas como garda persoal. Tras este enfrontamento, ao seu retorno a Córdoba foille dado o título de Al-Mansur bi-Allah ("O Vitorioso pola Graza de Deus"), de onde procede o nome de Almanzor, como se coñeceu no mundo cristián.

Puxo en marcha un programa de reformas tanto na administración civil como na militar, rematando coa organización tribal do exército, que era causa de continuos conflitos, e dispersando en diferentes unidades os membros máis destacados das familias. Expulsou os mercenarios eslavos que chegaran a se converter nunha caste privilexiada na corte cordobesa, o que lle achegou unha enorme popularidade.

Entre os anos 977 e 1002 levou a cabo 56 expedicións sen ser vencido,[1] de aí o título de Al-Mansur (O vitorioso) co que pasaría á historia. Así, asolou Salamanca no 977, Zamora e Sepúlveda en 979, venceu ás tropas unidas de Ramiro III de León, García Fernández de Castela e Sancho II de Navarra en Gormaz, Langa e Estercuel. Saqueou Barcelona no 985, arrasou Coímbra, León e Zamora (987 e 988), Osma no ano 990 e castigou Astorga e Santiago de Compostela no 997.

Construíu un novo pazo en Córdoba, onde trasladou a administración, chamado Madinat al-Zahira, e o seu fillo e sucesor, Abd al-Malik, foi quen de rematalo. Co seu segundo fillo, coñecido como Abd al-Rahman Sanchuelo,[2] extinguiuse a dinastía de gobernantes e sucesores de Almanzor.

En 1002, nunha expedición contra San Millán de la Cogolla, caeu enfermo e morreu camiño de Medinaceli (Soria), onde foi enterrado.[3]

Almanzor en Galiza

[editar | editar a fonte]

A súa xesta máis importante foi o saqueo de Santiago de Compostela o 10 de agosto de 997, cando incendiou e destruíu a catedral e o sepulcro do Apóstolo, e obrigou aos cativos cristiáns a levar as campás da Catedral e mais as súas portas até Córdoba.

Corre a lenda de que cando Almanzor entrou na cámara sepulcral, atopou un monxe rezando ante o sartego do Apóstolo, e que conmovido pola súa devoción ordenou respecta-la súa vida e o propio sepulcro. Mentres uns autores relatan o feito como unha realidade histórica,[4] outros o consideran unha lenda, unha versión dulcificada das conquistas de Almanzor, posiblemente procedente dos propios cronistas árabes. Manuel Chamoso Lamas, estudoso da historia da catedral de Santiago, escribe o seguinte:

"La falsedad de esta noticia se hizo evidente al explorar en 1950 la cámara sepulcral y hallar reducidos a pequeñísimos fragmentos los pórfidos alejandrinos de época romana que la revestían, e igualmente, bien a la vista se halla aún hoy la huella de la calcinación en los sillares romanos de la fachada de la cripta que contiene dicha cámara, probando que ésta, como el resto del templo, fue incendiada".
(Chamoso Lamas:1976, 13).
  1. Pérez de Tudela, 21. Toma o dato de Luis Molina, biógrafo de Almanzor e editor do anónimo Dikr bilad al-Andalus (1981).
  2. Neto do rei de Pamplona, Sancho Abarca (Sancho Garcés II de Pamplona), quen entregara a súa filla en matrimonio a Almanzor no 982 nun intento de alianzas e busca da paz.
  3. Disque "baixo o po das súas campañas, que fora recollido da roupa que vestira en cada unha das súas expedicións" (Pérez de Tudela, 28).
  4. "A cidade foi sometida a un riguroso saqueo durante unha semana e, posteriormente, incendiada. Só se salvou daquela ira programada o sepulcro do Apóstolo" (Pérez de Tudela, 12; en castelán no orixinal).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • CHAMOSO LAMAS, Manuel: La Catedral de Santiago de Compostela. Editorial Everest, León 1976.
  • PÉREZ DE TUDELA Y VELASCO, María Isabel: "Guerra, violencia y terror. La destrucción de Santiago de Compostela por Almanzor hace mil años", en En la España medieval, nº 21, 1998, pp. 9-28.
  • SANTOS CASTROVIEJO, Nanina: "Almanzor" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada