Nosa Señora da Anunciada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Virxe da Anunciada»)
Convento da Anunciada, Baiona.

Nosa Señora da Anunciada, comunmente Virxe da Anunciada, é unha advocación da Virxe María.[1]

Veneración[editar | editar a fonte]

É venerada no concello de Baiona. É a patroa da vila e dos mariñeiros de Baiona.[1]

Festa[editar | editar a fonte]

A festa comeza a primeira fin de semana de agosto. Un dos actos máis destacados é a procesión que sae coa imaxe da Virxe ás 9 da noite do sábado, percorrendo as rúas e paseos cos seus balcóns embelecidos. Tamén se baila a danza das espadas fronte a patroa dende o século XV.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Concellería de Turismo de Baiona. "Virxe da Anunciada". Arquivado dende o orixinal o 23/02/2020. Consultado o 19/8/2015.