Porto (comunicacións)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte do porto de Vigo.
Porto pesqueiro de Cambados.
Porto deportivo de Pontevedra, visto desde a Ponte da Barca.

Dentro da cadea do transporte, o porto é o elo que permite o intercambio comercial entre o mar e a terra.

Defínese o porto como o conxunto de obras, instalacións e servizos que proporcionan o espazo de augas tranquilas necesarias para a estancia segura dos buques, mentres se realizan as operacións de carga, descarga e almacenaxe das mercancías e o tránsito de viaxeiros..

En xeral, as funcións dun porto son: comercial, intercambio modal do transporte marítimo e terrestre, base do barco e fonte de desenvolvemento rexional. Entre as funcións de índole específica temos: actividade pesqueira, de recreo e de defensa.

Desde o punto de vista funcional, a obras e as instalacións dun porto pódense clasificar pola súa localización.

  • Así, na zona marítima, destinada ao barco, dispóñense as obras de abrigo que protexen a zona de atracadas da ondada exterior, constituídas fundamentalmente polos diques; as obras de acceso que facilitan o acceso do barco ao porto en condicións de seguridade, garantindo a súa maniobrabilidade, anchura e calado adecuados. Entre elas temos a sinalización (radar, faros, balizas, radiofaros, boias, etcétera), os diques de encanamento, canles dragados, esclusas; as obras de fondeo coa función de manter o barco amarrado en augas tranquilas á espera da súa quenda de atracada nos peiraos; e as dársenas que constitúen a superficie de augas abrigadas aptas para a permanencia e operación dos barcos (de marea ou de flotación, segundo estean ou non sometidas á acción das mareas).
  • Na zona terrestre, destinada fundamentalmente á mercancía, atopámonos coa superficie de operación terrestre constituída polos peiraos, que ademais de facilitar a atracada e amarre dos barcos, serven de soporte ao utillaxe e de provisión provisional de mercancías; e os depósitos que ademais de adecuar un espazo ás mercancías, serven de regulación dos fluxos marítimo-terrestres.
  • Na zona de evacuación, destinada ao transporte terrestre, debemos diferenciar as vías de acceso ao porto desde a Rede de estradas xeral, as de circunvalación ou repartición e as de penetración á zona de operación terrestre, coas súas áreas de manobra e estacionamento.

O conxunto de servizos que presta un porto pódense clasificar en función do ámbito ao que van destinados.

  • Entre os servizos ao barco temos a consígna, o practicaxe, o remolque, o avituallamento e o mantemento.
  • Para os servizos á mercancía temos a consigna, o estibaxe, a aduana, a sanidade, a vixilancia e os servizos comerciais.
  • Os servizos ao transporte terrestre son os de representación, reparación e estacións de servizo.
  • Para rematar, o apartado de servizos varios, entre os que se atopan os seguros, os bancarios, os mercantís, os de comunicación, etc.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]