Alto da Groba
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Groba.
| Tipo | montaña | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| División administrativa | Belesar, España e Mougás, España | |||
| Localización | Serra da Groba | |||
| ||||
| Características | ||||
| Altitude | 654 m | |||
O Alto da Groba é un monte situado entre as parroquias de Belesar (Baiona) e Mougás (Oia). Ten 662 metros de altura,[1] e é o pico máis alto da serra da Groba. Forma parte do sendeiro de gran percorrido GR58, máis coñecido como o sendeiro das Greas pola gran cantidade de cabalos ceibes que viven na zona. No ascenso ao cumio existen dúas áreas recreativas, O Cortelliño e A Chan da Lagoa, dende as que se pode enxergar unha boa panorámica do Val Miñor e da entrada á ría de Vigo, entre outros puntos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo o mapa do Instituto Geográfico Nacional (2000). Outras fontes dan unha altura de 652 m (mapa de Galiza de Edicións do Cumio, 2006) ou de 663 m (Turgalicia)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- VV. AA. (2008): "Serra da Groba (Pontevedra)". En Rutas para caminar por Galicia. Montaña y senderismo. Ediciones Nobel. (en castelán)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alto da Groba |
