Saltar ao contido

A peste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A peste
 Título
La peste (fr)
Sampar (id)
Plágan (is)
Sampar (jv)
შავი ჭირი (ka)
Ժանտախտը (hy)
Kuga (hr)
A pestis (hu)
esteban mira esto (guc)
הדבר (he)
A peste (gl)
Maras (lt)
Чумата (mk)
Kuga (sl)
Pesten (sv)
Veba (tr)
Mēris (lv)
La Peste (sh)
Dżuma (pl)
Ciuma (ro)
Pesten (no)
ਪਲੇਗ (pa)
Vabo (uz)
De Pest (fy)
طاعون (fa)
La peste (es)
鼠疫 (zh)
Чума (uk)
Чума (ru)
La Pesto (eo)
The Plague (en)
La pesta (ca)
Die Pest (de)
Mor (sk)
Rutto (fi)
페스트 (ko)
Η Πανούκλα (el)
Pesten (da)
Katk (et)
Izurria (eu)
ペスト (ja)
Mor (cs)
Чумата (bg)
Kuga (bs)
الطاعون (ar)
Taun (az)
Dịch hạch (vi) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Movemento
 Tema principal
 Ambientado en
 Época ambientación
 Personaxes
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
1947 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
1947 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF185447266 Editar o valor en Wikidata
Goodreads2058116 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL1230715W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ldx Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A peste (en francés: La peste) é unha novela en lingua francesa do escritor Albert Camus publicada por vez primeira no ano 1947. A obra permitiulle ó seu autor gañar o Premio da Crítica (Prix des Critiques) dese ano.[1] É unha novela humanista cunha gran carga alegórica e de pensamento[2] Está considerada unha das obras máis importantes da literatura francesa do século XX e un clásico do existencialismo.[3] A historia narra as consecuencias do illamento de toda unha cidade a causa da epidemia que a asolaga.

Foi traducida ó galego por Isabel Soto e Xavier Senín[4] e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A historia discorre na cidade de Orán, unha prefectura francesa na costa de Alxeria durante un ano da década de 1940. A obra desenvólvese en torno a un tema principal: a peste. Esta vai facer que desde a súa aparición ata a súa desaparición forme parte da vida dos oraneses condicionándoa completamente, é dicir, a peste vai ser a súa vida, inundarao todo e fará que a xente deixe de soñar e viva angustiada pola ameaza que supón a epidemia (como cita o libro textualmente: “Todos cegaron a vivir a lei da peste, máis eficaz canto máis mediocre” e “A peste quitáralle a todos a posibilidade de amor e incluso de amizade, xa que o amor esixe un pouco de porvir e para nós xa non había máis ca instantes”.

A obra describe con detalle a atmosfera da cidade, persoas que arriscan a súa vida na loita contra a epidemia e o comportamento dos cidadáns ante esta difícil situación. O feito máis importante é a gran cantidade de persoas que morren debido á peste e o impacto social que isto causa.

A novela consta de cinco partes, as cales narran os feitos e a evolución da peste. Esta é contada por un narrador obxecto, que ao final descóbrese que era un dos personaxes principais da novela: O doutor Rieux. Segundo este, a obra non é máis cá testemuña do que foi necesario facer e deberían seguir facendo contra o terror, a súa arma infatigable, todas as persoas e especialmente os médicos.

1ª parte: Comezan a aparecer unha gran cantidade de ratas na cidade, que nun principio pasan desapercibidas para a poboación pero que despois desatan a histeria ao ir morrer á superficie. Tras un tempo, esta situación cesa completamente pero xorden casos de persoas que morren a causa dunha enfermidade que ao principio se descoñece cal é, pero máis tarde co alto número de infectados e a constatación dos seus síntomas afírmase que é a peste e cerran a cidade. Nesta parte preséntanse os principais personaxes: O doutor Rieux, o periodista Raymond Rambert, Grand, o señor Cottard, o padre Paneloux e Jean Tarrou.

2ª parte: O peche da cidade produce un sentimento de exilio, individualidade, medo, sufrimento, inquietude, sorpresa... A peste pasa a ser o tema principal da vida dos cidadáns xa que están illados do mundo exterior e o único medio que teñen para comunicarse é o telégrafo. Ademais teñen lugar separacións familiares para as cales a xente non estaba preparada. Rambert, un dos personaxes principais, idea un plan para escapar da cidade e reunirse coa súa amada en París, aínda que mentres non atopa o medio para marchar decide axudar nos equipos sanitarios. Outro coma o padre Paneloux, dá un sermón no que afirma que a peste é un acto de Deus como castigo pola actitude pecaminosa dos crentes. Ademais están o señor Cottard (que é o único que está contento coa peste, xa que así a xustiza non se pode ocupar del por un feito delitivo no que estaba implicado) e Rieux, Tarrou e Grand os cales loitan cada un á súa maneira contra a epidemia, a cal está a causar un número moi elevado de mortes.

3ª parte: Saqueos e violencia por algunhas persoas, mala situación debido a que as mortes seguen aumentando, establécese un toque de queda e os funerais realízanse con moita velocidade. A poboación encóntrase abatida tanto física coma emocionalmente (sentimento de exilio e separación) e abandónase á praga. Non hai lugar para o amor e entre todo este caos a xente agarda a paz.

4ª parte: A cidade atópase dobregada á peste (sociedade indiferente e membros dos equipos sanitarios cansados). Rambert non se marcha e decide quedar para axudar. Paneloux dá un novo sermón instando os fieis a loitar contra a praga poñendo varios exemplos. Ademais aborda o tema de que os nenos sufran esa situación e di que chegou o momento de negar ou afirmar todo. Finalmente, a peste comeza a retroceder e descenden as mortes. Un exemplo disto é o de Grand que tivo a peste e recuperouse, ao contrario de Paneloux que morre.

5ª parte: A peste que comezara en abril chega ó seu fin en febreiro. A peste vaise debilitando e a xente comeza a ser feliz e a ter esperanzas. Ábrense as portas da cidade e reúnense os separados (os cales triunfan ante a peste e empeza a ser felices, mentres que para as persoas que perderan a un ser querido continuaría por sempre a peste). Ademais descóbrese que Rieux é o narrador de tipo obxecto, xa que o seu propósito era o de contar a historia coa máxima discreción posible. Rambert reúnese coa súa amada, Cottard é apresado, Tarrou morre da peste, Grand segue escribindo a súa historia e a Rieux mórrelle a muller dunha vella enfermidade nun sanatorio lonxe de Orán. Finalmente a alegría volve outra vez á cidade, aínda que esta alegría está sempre ameazada, xa que dun momento a outro pode volver a peste ou calquera outra desgraza.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Foi levada ao cinema en 1992 polo arxentino Luis Puenzo, co título en castelán de La Peste.

  1. "La Peste - Collection Blanche". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 24-2-2018.
  2. La Peste. Un roman allégorique, Etudier.com (en francés).
  3. Camus, absurdity, and revolt, 17 de maio de 2010 (en inglés)
  4. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 60. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]