Udine
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Udine (Udin en friulano, Utinum en latín, Videm en esloveno, Weiden en alemán histórico), è unha cidade de 96.750 habitantes capital da provincia homónima, na rexión italiana de Friuli-Venezia Giulia (noreste de Italia) é considerada a capital do Friuli.
[editar] Xeografía e demografía
A cidade encóntrase no centro da rexión friulana e é un nó das comunicacións transalpinas entre Italia, Austria, Eslovenia e os países do leste de Europa. Udine xorde nunha chaira entorno a un outeiro, a poucos quilómetros da faixa montañosa do Friuli. Cos once concellos do retroterra forma unha área urbana de perto de 169.000 habitantes en 312 km² (31-12-2006), cunha densidade de 543 hab/km².
Habitantes censados na área urbana de Udine
| Concello | Habitantes a 31/12/2006 | Superficie (km²) |
| Campoformido | 7.458 | 21,98 |
| Martignacco | 5.821 | 26,72 |
| Pagnacco | 4.597 | 14,87 |
| Pasian di Prato | 8.948 | 15,3 |
| Pavia di Udine | 5.665 | 25,98 |
| Povoletto | 5.458 | 34,58 |
| Pozzuolo del Friuli | 6.722 | 34,28 |
| Pradamano | 3.310 | 16,31 |
| Reana del Rojale | 4.914 | 20,18 |
| Remanzacco | 5.904 | 30,6 |
| Tavagnacco | 13.783 | 15,37 |
| Udine | 96.750 | 55,81 |
| Total | 169.327 | 311,98 |
[editar] Clima
O clima de Udine é prevalentemente continental, con temperaturas non moi elevadas no verán e bastante frías no inverno.
| Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima media (°C) | 7 | 9 | 13 | 17 | 22 | 25 | 28 | 28 | 24 | 19 | 13 | 8 | 17,7 |
| Temperatura mínima media (°C) | -1 | 1 | 3 | 7 | 11 | 15 | 17 | 17 | 13 | 9 | 4 | 0 | 8,2 |
| Chuvia(mm) | 89 | 72 | 103 | 119 | 126 | 136 | 79 | 90 | 99 | 124 | 107 | 104 | 1248 |
[editar] Irmanamentos
Cidades xemelgas
Esslingen am Neckar, Alemaña desde 1958
Vienne, Francia desde 1959
Neath Port Talbot, Gales desde 1960
Norrköping, Suecia desde 1964
Schiedam, Holanda desde 1970
Villaco, Austria desde 1979
Albacete, España desde 2002
Cidades amigas

