Auckland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°50′25.5″S 174°44′23.53″E / 36.840417°S 174.7398694°E / -36.840417; 174.7398694

Auckland
Tāmaki Makaurau (en maorí)
New Auckland Infobox Pic Montage 3.jpg
Situación xeográfica
Auckland en Nova Zelandia
Auckland
Auckland
País Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia
Rexión Auckland
Xeografía
Altitude 1 msnm
Superficie 482,9 km²
Poboación
Poboación 1.418.000 hab. (2013)
Densidade 2.900 hab/km²
Información
Código postal 0500-2999
Alcalde Len Brown
Páxina web www.aucklandcouncil.govt.nz/

Auckland (Ta-maki Makau Rau en maorí) é a área metropolita máis grande de Nova Zelandia e o maior núcleo de poboación do sur do Pacífico. Aínda que Wellington é a capital de Nova Celandia, Auckland é a cidade máis importante, poboada e a capital económica do país.

A 37 graos de latitude sur, na illa Norte, a cidade de Auckland está situada sobre un estreito istmo que separa dous portos naturais: o porto de Manukau, aberto ao Mar de Tasmania, ao oeste e o de Waitemata, que se abre ao golfo de Hauraki do océano Pacífico, ao leste. A área metropolitana de Auckland esténdese aproximadamente entre Bombay Hills ao sur e a península de Whangaparaoa ao norte.

Entidades territoriais[editar | editar a fonte]

A área metropolitana de Auckland comprende cinco entidades territoriais diferentes. Trátase das cidades de North Shore ao norte, Waitakere ao oeste, a cidade de Auckland propiamente dita no centro, e Manukau, así como o distrito de Papakura, ambos os dous no sur.

Todas estas entidades territoriais pertencen á rexión de Auckland, constituíndo a maior parte desa rexión. Só se considera que non pertencen á área metropolitana de Auckand o distrito de Rodney ao norte e a metade do distrito de Franklin ao sur (a outra metade do distrito de Franklin está situada na rexión de Waikato).

Poboación[editar | editar a fonte]

A maioría dos habitantes é de orixe europea (aproximadamente un 60%), predominantemente de orixe británica, mais tamén hai importantes comunidades maorís e das illas do Pacífico. De feito, Auckland é a cidade con máis habitantes polinésicos do mundo. Tamén existen importantes comunidades de asiáticos (fundamentalmente chineses), debido ás altas taxas de emigración a Nova Celanda, que desembocan principalmente en Auckland.

Volcáns[editar | editar a fonte]

Auckland está construído entre e sobre volcáns. Os volcáns, dos que hai uns 48, toman forma de conos, lagos, estanques, illas e depresións. Todos os volcáns están extinguidos aínda que o campo no que están situados soamente está dormido. O máis recente e o máis grande de todos eles é a illa de Rangitoto que se formou hai menos de 1000 anos. O seu tamaño, simetría e posición que garda a entrada ao porto de Waitemata e a súa visibilidade desde moitas partes da rexión faina o elemento natural mais recoñecíbel de Auckland.

Tráfico[editar | editar a fonte]

Auckland sempre tivo problemas de tráfico. Pouco despois da contrución do Auckland Harbour Bridge, houbo que engadir catro carrís, dous en cada lado, xa que non era capaz de soportar o tráfico existente. En xullo de 2003 inaugurouse o Centro de Transporte Britomart. En marzo de 2004 o alcalde John Banks anunciou a construción do corredor de transporte do leste, que incluía a construción dunha nova autoestrada. Non obstante a enorme oposión ao proxecto (cun custo de 4.000 millóns de NZ$) fixo que a construción da autopista finalmente se abandonase.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da cidade é temperado, con veráns longos e calorosos e invernos un pouco máis fríos e tamén longos. A temperatura en xaneiro é duns 21-24 graos (aínda que en febreiro e marzo acostuma facer máis calor que en xaneiro), e a temperatura de xullo acostuma ser duns 14-16 °C. Hai precipitacións abundantes durante todo o ano (máis de 1000 mm ao ano), especialmente en inverno.

Turismo[editar | editar a fonte]

A Sky Tower (torre do ceo) é a edificación máis alta do hemisferio sur, con 328 metros.

Aeroporto[editar | editar a fonte]

Auckland International Airport, o aeroporto máis grande, localízase xunto ao porto de Manukau, no barrio de Mangere. Hai negociacións desde fai moito tempo para desenvolver outro aeroporto en Whenuapay, aproveitando un campo militar fora do uso ao noroeste.

O nacemento de Auckland[editar | editar a fonte]

Despois da firma do tratado de Waitangi, a principios de 1840, o gobernador da colonia, William Hobson, tivo que elixir unha capital para a colonia. Ata entón, a capital efectiva era Kororareka, na actualidade chamado Russell, en Bay of Islands (a baía das illas). Non obstante, Kororareka estaba moi lonxe do resto do país e tiña unha mala reputación debido á embriaguez e inmoralidade dos seus habitantes.

A opción obvia, incluso naquel tempo, era probabelmente Port Nicholson (Wellington). Situada ao sur da Illa Norte e coa súa poboación medrando axiña, tiña moitas opcións. Non obstante, tratábase dunha localidade fundada e dominada pola New Zealand Company (Sociedade Neocelandesa) e polos irmáns Wakefield. É máis, tiña unha mala reputación a conta dos seus relacións cos maoríé e a ocupación pouco escrupulosa e pode que ilegal da terra.

Sobre a base dos consellos do misioneiro Henry Williamson, Hobson elixiu a praia sur do porto natural de Waitemata como a súa nova capital. A terra necesaria adquiriuse axiña aos seus propetarios (a tribo maorí dos Ngati Whatua), e a cerimonia de fundación tivo lugar ás 13 horas do 18 de setembro de 1840. Hobson elixiu o nome en honra de George Eden, primeiro duque de Auckland, protector e amigo de Hobson.

Desde as primeiras épocas, a zona leste de asentamento foi reservada a oficiais do goberno mentres que os mecánicos e artesáns, coñecidos como colonos "extraoficiais", asentáronse ao oeste. Esta división social existe aínda hoxe en día.

Por fin, a capital mudou a Port Nicholson, logo renomeado como Wellington. As vantaxes dunha posición central chegaron a ser aínda máis obvias cando a Illa Sur creceu en prosperidade co descubrimento do ouro en Otago e o desenvolvemento da cría de ovellas e a refrixeración.

360 auckland.jpg

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]