New Plymouth, Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paseo marítimo na cidade de New Plymouth.

New Plymouth é unha cidade da Illa Norte de Nova Zelandia, capital da rexión de Taranaki, cunha poboación estimada duns 52.200 persoas. A cidade foi bautizada con este nome polos primeiros habitantes, que eran inmigrantes que viñan da zona de Plymouth, en Inglaterra.

Atractivos da cidade[editar | editar a fonte]

New Plymouth é coñecida pola súa oferta de ocio deportivo. A cidade está rodeada de praias nas que practicar surf, de montes nos que practicar ciclismo de montaña, e mesmo dunha estación de esquí a 30 minutos en coche.

Preto da cidade está o Monte Taranaki, unha montaña volcánica, antigo monte sagrado para os maorís, no que se estableceu o segundo parque natural do país en 1881.

A cidade acadou moitos premios nos últimos anos, pola coidado da súa ribeira mariña, polo carrís para bicicletas e peóns, e pola limpeza das súas rúas.

Deporte[editar | editar a fonte]

O deporte principal de New Plymouth é o rugby, ó igual que no resto do país. O principal equipo de rugby da cidade é o Taranaki RFU, que disputa cada ano a liga neozelandesa, a ITM Cup, e que xoga como local no Yarrow Stadium. Este estadio acollerá 3 encontros da Copa do Mundo de Rugby 2011 que organizará Nova Zelandia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]